CULTURA

Escolares e universitarios honran a Rosalía de Castro

O Campus universitario celebrou por terceiro ano o acto de homenaxe á escritora

As verbas de Rosalía de Castro soaron este luns en Ourense, nas voces de escolares, universitarios e mestres. O Campus de Ourense, a través da biblioteca que leva o nome da escritora, celebrou o Día de Rosalía cunha mascarada poética. Os escolares de colexios concertados da cidade recitaron poemas e leron un manifesto no salón de plenos da Deputación de Ourense. A conexión de pequenos a grandes demostrou a vixencia desta autora galega, 182 anos despois do seu nacemento, á que ata Google lle adicou unha das súas imaxes do día no buscador.


Música e poemas


"Lembrando a Rosalía" foi o nome do acto que celebraron os alumnos de Salesianos, Maristas, Josefinas, Carmelitas e Franciscanas no ente provincial. "Unha vez tiven un cravo, cravado no corazón. Adiós ríos, adiós fontes. Adiós para siempre adiós. Cando penso que te fuches, negra sombra, unha vez máis, campanas de Bastabales volven por ti a tocar": empezaron a cantar os escolares de Franciscanas ao inicio do acto. Os rapaces deste centro cerraron a actividade con outra canción, aínda que desta vez acompañados por todos os participantes. Ademais da música, os escolares recitaron poemas de Rosalía, algún tan especial como "Negra sombra", con fondo musical. 

O vicepresidente da Deputación provincial, Rosendo Fernández, estivo neste acto intercentros no que participaron unha trintena de escolares e os seus profesores. Fernández destacou a "posta en valor e difusión do legado cultural de Rosalía entre os mozos ourensáns".

E no Campus, a Biblioteca que leva o nome de Rosalía de Castro, non podía faltar a esta cita para honrar á escritora que fixo tanto polo idioma. É o terceiro ano que se organiza unha programación arredor desta efeméride, impulsada pola Facultade de Educación."É unha oportunidade para concienciar ao noso alumnado da importancia dalgunhas das celebracións que temos a nivel social e do significado que teñen", destacou Isabel Mociño, unha das docentes organizadoras.


Un caldiño moi poético


O centenar de membros da comunidade universitaria recorreu o Campus con máscaras personalizadas de Rosalía e recitando poemas. A novidade? Un caldo. En honor ao poema "Miña casiña, meu lar, no que a poeta explica como facer un caldo humilde, a cafetería do edificio Politécnico invitou aos asistentes a unha cunca de caldo. 

                                        fn_9608_result

Te puede interesar