Entrevista

Francisco Rodríguez: “Estaba todo orquestrado, había que dinamitar o goberno bipartito"

mtp8795_resultado
photo_camera mtp8795_resultado

O exalcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, reflexiona sobre as imputacións que tumbaron o goberno bipartito: "Non eramos un goberno de piratas nin bandidos. Eramos un goberno honesto e lexítimo"

Carles Puigdemont e Francisco Rodríguez compartiron cafés e conversas. Eran presidente e vicepresidente dunha comisión da FEMP. "Un home simpático", recorda o exalcalde de Ourense do exalcalde de Xirona. Outros tempos. Outra vida. Agora un está fuxido en Bruxelas e o outro leva 7 anos no purgatorio da Pokemon -tras ser arquivada unha causa separada e exonerado de cinco delitos, segue imputado por "blanqueo, cohecho y prevaricación"-, a operación que tumbou o proxecto político de Rodríguez, capitán dun goberno bipartito que remataría acumulando imputacións a un ritmo desconcertante. Procesos que anos despois foron arquivándose, ata chegar ao caso das asistencias técnicas. "Xa está. Desta sentenza o que máis me alegra é que xa rematou todo. Que non haxa ningún concelleiro condeado amosa que nunca houbo motivos para chegar a esto. Non eramos un goberno de piratas nin bandidos. Eramos un goberno honesto e lexítimo", aplaude Rodríguez mentras senta nunha terraza da Ponte, o seu barrio. "Iso si, chega moi tarde. O dano xa está feito". Fala do seu instituto de Carballiño, onde suma xa 35 anos dando clase. "Quero quedarme coas cousas pequenas, as cousas boas. O abrazo dunha señora maior por un centro cívico", exemplifica. "Adiós, alcalde", despídese un veciño. "Síntome querido pola xente. E iso é o máis importante", continúa. O exrexedor mistura ese ton e un desencanto, coa política e coa sociedade, as que sitúa nun xogo de espellos.

Como é levar 7 anos imputado?

Vívese con tristeza, sobre todo cando obedece a inxustizas. É desolador. As consecuencias que derivan dunha actuación así influén na túa vida e na familia. Aínda que co tempo mellora, causa un profundo dor.

Como le agora o pasado? 

Dende un principio houbo intereses, diferentes, que non estaban satifeitos. E aí xurdiron elementos, de diferentes orixes, que pouco a pouco intentaron desbancándonos. Ata que o conseguiron.  E atopáronse con persoas de moita honestidade, que non crebaron. Incluso no PSOE houbo intereses externos que crearon un ambiente interno no grupo municipal que distorsionaba o goberno.

 

Foi como di Áurea Soto unha cacería contra o bipartito?

Foi un goberno maltratado. Todo o contrario que o quería Ourense. No 2011, en plena crise do PSOE, en Ourense subiu un 30%, a cidade de España de máis de 100.000 habitantes que máis creceu. A xente entendeu o que estabamos a facer. Era tanxible. Podía recoñecerse na rúa. 

Ese proxecto quedou truncado.

A min gustariame saber, dende que marchamos nós, se hai algunha obra destacada na cidade. As veces teño unha pequena decepción de que as forzas vivas non foran máis esixentes. Quizais é que a sociedade é tan conformista que xa non reivindica nada. Antes saían a calle. Agora... parecen, parecemos, narcotizados. 

Como cre que estaría Ourense agora sen todo esto?

Foi un atentado contra a vontade democrática. Creo que ten que ter unha lectura: non é so o dano persoal. é a trascendencia económica. E a administrativa: a ver que técnico do Concello move agora un papel. Estou convencido -e non porque fora eu o alcalde- que Ourense sería, sete anos despois, moi diferente. Proxectos como o Corte Inglés. O Eroski. Otermalismo... a partir de aí, sete anos desaproveitados. Na nosa época transformouse moito a cidade. 

Soto sumou 7 imputacións e 3 xuízos. Pero di que a persoa que máis sufriu foi vostede. 

Sufrín moito. É certo. Áurea? Pode haber persoas tan honestas como ela. Pero máis, non. Deixouse a pel. Puidose equivocar, coma todos. Pero ninguén pode negar o seu traballo e a súa honestidade. Que unha persoa como ela acumulase 7 imputacións fai pensar que había intencións...

A sentenza das asistencias técnicas  é taxante en non ver “reproche penal". Pero fala de “irregularidades administrativas". Ata onde errou o bipartito?

Non digo que non houbera erros. Por suposto que os houbo, en calquera xestión os hai. Pero o que non hai sempre é unha vontade permanente de levar todo á xustiza. Os contratos das asistencias? Foron polo beneficio da cidade. Non eran enchufes. 

...

Todo estaba orquestrado porque había que dinamitar isto. O problema foi... que as cousas iban ben. E iso que custou arrancar. Ao comezo do bipartito recordo a un director xeral do BNG, un tal (David) Cortón. Poñíame a parir na prensa. Tiven que dicir a Álex (Sánchez Vidal): "Se esto volve a pasar, acabouse". Outra vez chamei ao Emilio (Pérez Touriño) e díxenlle "Estou ata as pelotas, non aguanto. Voume". Respondeume: "Mira alcalde. Sei perfectamente do que me falas, e te entendo. Agora vouche dicir algo: ata que leves sufrido o que levo sufrido eu, quédache moito. Así que tira do carro". A partir de aí, o proxecto arrancou. Fixéronse moitas cousas en 4 anos. Logo no segundo mandato estiven so 15 meses. (Silencio). Os compañeiros quedaron noqueados. Todas estas cousas teñen unha factura persoal tremenda.Tiven un ictus, deixoume sen vista nun ollo. Véxome no espello: eu non son o Paco Vázquez, eu son un tipo normal, da rúa. Atopábasme no súper, levando á neta ao colexio. E hostia.Foi moi doloroso. Influíu en toda a miña familia. E na cidade. Cando iban ven as cousas, todo axuda. Tiñamos un equipo experimentado, formado. E de repente, un día, as 7 da maña. Pumba. 

mtp8795_resultado

Cantas veces voltou a ese día? 

Moitas. E cada vez que chega setembro, máis. Ademáis, foi unha cousa... Desproporcionada. Sabemos que podemos ser chamados pola xustiza para aclarar calquera cousa. E se fixeches algo malo, unha condea. E punto. Pero estos modos? E o problema é que despois destes anos a dúbida é: "Por que estou aquí". Foi durísimo. A veces creo que foi un sono, un sono de mal gusto que nunca existiu. Pero foi unha realidade. Ata que chequei a Lugo e falei co avogado: "Arturo (González), que pasou?". "Un tema de Vendex". O de Vendex é graciosísio: unha empresa que tiña todo en Ourense e que nós lle quitamos todo e ao final... 

Dunha conferencia con Revilla a estar incomunicado nun calabozo en menos de 12 horas. 

Fomos a cear con él, chegamos a casa ás 12, e as 7 da mañá.... 

Pensou que era unha broma. 

Sobre todo a miña parella. "Esto que é?". "A onde vai? A onde vai?". 

Necesitou axuda?

Axuda psiquiátrica, pastillas...Daquelas a prensa chegábame a casa ás 5. Xa non dormía. Levantábame cando escoitaba o xornal... Sofres porque cando estás nun tema así... Eu sei, eu sabía, que non fixera nada. Nada. Pero os meus fillos? Sabían que non había nada raro. Pero... "E se algunha cousa por aí que non contou..". Esa dúbida.

mtp8775_resultado

En que quedará a Pokemon?

Non sei en que quedará. O dano xa é irreparable. O que está claro é que hai unha nova situación, con temas que estaban en Lugo foron pasando a outros xulgados. Se algún día chega a Ourense, a ver se hai un fiscal que decide acusarme ou non... 

Cal é a súa visión de De Lara? 

No seu traballo creo que están a valorar xente máis competente ca min. O importante é que agora parece que as cousas cambian. E moi importante para que se crea na xustiza. Hai que esixir tamén axilidade. Non podes estar sete anos así. 

Cal é o custe deste descrédito que sofren as institucións?

Inflúe en todo. Resta credibilidade. E a política cada vez está máis denostada. Será porque os políticos fixemos algo, non? E o espectáculo que hai agora en Ourense? Podo dicir: "Jesús (Vázquez) non fixo nada en catro anos". Pero non me sentín ridículo nunca cada vez que falaba. Podía estar dacordo ou non... pero con este home (Jácome), cando vas algún sitio e dis que eres de Ourense, casi prefiriría dicir que son de Carballiño. A broma vale. Pero esto é un circo. Non pode dicir nun salón de plenos que a Polícia Local é unha carallada. É irresponsable.

Ourense foi vangarda en España da posverdade, da demagoxia. 

Si, é verdade. Unha cousa está clara. Jácome chegou aí pola oposición infame que fixo e por ter un medio de comunicación. Fixo moito dano. Aguanteino 15 meses. A primeira sorpresa: nun pleno, sácase a bota e o calcetín e comeza a cheirar o calcetín. Dime conta de que algo pasaba. E ao final está gobernando. Pero hai goberno? Hai oposición?

Compañeiros dixeron que o PSOE deixounos ao pe dos cabalos. 

Prefiro ser máis suave. Non estivo á altura do apoio que necesitaba e merecía o grupo municipal. Non é casualidade. Sempre hai un porque. A consecuencia do que se viviu aí, a situación orgánica do PSOE é diferente. Os que están hoxe non estarían se non houbese pasado esto. 

“Estou moi queimado con Villarino"

Sorprendeulle a rapidez coa que pediron a súa renuncia coas 72 horas da felicitación pola sentenza?

Conmigo foron moi inxustos. Cando fun consciente da situación pretendín 48 horas para solucionar a sustitución. Ese luns ábrenme expediente. O mércores, tras convencer a Agustín (Rodríguez), funme. Agora seguen sen estar a altura. 

...

Estou moi queimado con este chaval, o Rafa (Villarino) este. Dende o principio. Barquero presentouse a unhas primarias e gañounas. Fai unha lista, que él considera que é a que pode facer. Sen dicirlle nada, lle "trincan" a lista. Obligárono a marcharse. Eu fun o primeiro: "Nin un minuto máis podes estar. É o que eu faría. Agora ti fai o que queiras". E que ese muchacho (Villarino) autoproclámese candidato... Por que? Ou fas o que fixo Touriño conmigo cando marchou Pérez Gabriel ou primarias. Este tio... o último que viu ovnis no mundo. Ten de mano dereita a Gago (unha denuncia súa abriu o caso das asistencias), que todo o mundo sabe por que fixo o que fixo. Por unha vendeta por non conseguir o que quería. É inconcebible. O partido vai mal, non existe. 

mtp8704_resultado

A brecha entre a militancia dos partidos e a sociedade crece.

Non hai motivación tampouco. Non sei onde vai chegar a política. 

Aos populismos. 

En todo o mundo.Da medo. Escoita a Bolsonaro como fala. Cun linguaxe... igual co Jácome. A sociedade é a qué. A xente non lle importa nada. So o día a día. 

A xente non ten interese. 

Vívoo na ensinanza. Teñen un desinterés... A estas xeracións, unha sociedade de consumo criminal, consínteselle todo. Non se lle esixe nada. Hai unha evidente crise de valores. Caimos nunha trampa, e non saíremos de aí.

Haidt analiza a política e a educación, e apunta a falta de empatía. “O problema é que os políticos non se falan", di. 

Hoxe hai unha clase política moito máis mediocre. Acórdome do consello de ministros de González no 82. E non do de Zapatero. Xa non digamos do de Sánchez. No Parlamento galego, igual. Onde hai agora un tipo á altura de Romay Becaría? Laxe? Fraga? A xente tiña un peso. Hoxe... Sinceramente. Non digo do PP. Falo dos meus.  Que xente está no grupo municipal socialista? 

Pero que xente quere agora mesmo meterse na política?

Nin "pa' dios". E que o que ata fai un tempo era unha actividade prestixiosa convertiuse... Acordome sempre de Pilar, a panadeira da praza de abastos. Cando presenteime: "Oie. Hai uns carteis aí que sae un tipo que é igual ca ti. Se non che coñecera...Todos os políticos son uns ladróns e ti eres boa persoa. Así que sei que non eres". Ao final tes que recurrir a persoas moi mediocres para completar un equipo. E como vai a gobernar xente mediocre?

Leiceaga ou Vence si que teñen un nivel intelectual alto. 

Son intelectuais. Ao mellor non son tan brillantes comunicando. Logo hai xente que ten esa credibilidade coma tiña González, que aínda que estivera contándoche a mentira máis grande do mundo era creíble.  E logo está xente como Gonzalo Caballero. Que pra min... É triste. Intento abstraerme. Non estou no PSOE... Sigo sendo socialista e morrerei aí, como di a miña nai coa Igrexa: "Os curas son homes como os demais. Pero pensa en Deus". Aquí pasa igual. 

Quedan as conviccións. 

(G.Caballero) Non me di nada. É o jodido. Paco Vázquez, Fraga ou Beiras...cando falaban, escoitabas. 

E Pedro Sánchez? Ata onde chegaría Sánchez nos 80?

...

Concelleiro?

Como moito. E así lle vai. Agora mesmo, non voto. E sei que as sete e media da tarde baixarei a votar. Dóeme moito o cabreo que teño. A cidadanía falou: goberno de PSOE e Podemos. Non sei que vai pasar. 

Te puede interesar