Universidad

Estudan a mellor xestión dos recursos hídricos

Orlando García
photo_camera Orlando García
Na súa tese de doutoramento, o investigador deste grupo Orlando García aumentou a eficiencia computacional dos módulos hidrodinámico e de calidade de augas de Iber

Un grupo de investigación presenta novas funcionalidades para a xestión eficiente de eventos de risco. O ámbito da computación de alto rendemento, o programa Iber é referente internacional desde hai varios anos en modelaxe numérica de auga en dúas dimensións. Participa no seu desenvolvemento o grupo da UVigo Environmental Physics Laboratory (Ephyslab-CIM). Na súa tese de doutoramento, o investigador deste grupo Orlando García aumentou a eficiencia computacional dos módulos hidrodinámico e de calidade de augas de Iber para mellorar a súa aplicación na análise e xestión de eventos de risco. Estas implementacións foron aplicadas no sistema de alerta temperá de inundacións para o río Miño.

Sobre a relevancia da temática abordada na tese, o autor sinala como "a xestión de recursos hídricos é unha actividade fundamental na sociedade que achega múltiples beneficios, entre eles a mitigación de secas e inundacións". Nun contexto de incremento da frecuencia e gravidade das inundacións, engade Orlando García, "volveuse fundamental o desenvolvemento de ferramentas axeitadas que permitan mellorar a planificación dos recursos hídricos e reducir posibles riscos". Entre estas ferramentas, o enxeñeiro informático sinala como a modelaxe numérica "é fundamental".

A tese estivo dirixida polos docentes e investigadores ourensás José Manuel Domínguez e Arno Formella. 

Te puede interesar