EU dá 48 horas a Carmen Iglesias para que comunique que renuncia ó escano

Esquerda Unida enviou un burofax á candidata número dous de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) por Ourense, Carmen Iglesias, para emprazala a que, no prazo de 48 horas, 'comunique a súa renuncia' a tomar posesión do seu escano como deputada tras a marcha de David Fernández Calviño.


Neste sentido, a executiva de EU, que se reuniu este mércores de urxencia, advirte de que 'calquera incumprimento' deste acordo supón 'a apertura de expediente sancionador e a suspensión preventiva de militancia' desta organización.

A través dun comunicado, Esquerda Unida expresa que considera 'irrenunciable' que a acta de Ourense, que deixará Fernández Calviño o 30 de novembro, sexa ocupada 'por outro candidato ou candidata da mesma formación', é dicir, de Anova.

Ao respecto, advirte que 'fará valer os acordos políticos dos órganos de EU -executiva, consello Político, conselo comarcal de Ourense e asemblea de afiliados da comarca-, nos que se empraza a Carmen Iglesias a renunciar á acta.

Explica, no mesmo comunicado, que o trasladou esta decisión a través dun burofax a Carmen Iglesias, cun 'requirimento a dar cumprimento a estes acordos'. 'Calquera incumprimento significa a apertura de expediente sancionador e a suspensión preventiva de militancia en EU', advirte a dirección de EU no burofax.

Neste contexto, o secretario de Organización de EU, Rubén Pérez, considera que 'este acordo non emana no esencial nin de pactos con outras forzas nin de improvisacións', senón que sae directamente 'da vontade colectiva de EU de fortalecer o proxecto de AGE. 'E unha actitude persoal non pode secuestrar esta vontade', sentenciou.

Te puede interesar