OURENSE

As farmacias de Ourense efectuarán medicións gratuítas de peso, talle e perímetro abdominal

No marco da Feira de Saúde, que se celebra entre o 8 e o 9 de abril en Ourense.

As farmacias de Ourense efectuarán nas súas instalacións, de forma gratuíta, medicións de parámetros como peso, talle, perímetro abdominal, tensión arterial ou glicemia capilar no marco da Feira de Saúde, que se celebra entre o 8 e o 9 de abril en Ourense.

Así, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense (COFO) será unha das 30 entidades que colaborará activamente co Concello de Ourense na realización esta cita médica.

O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense aplaude este foro, promovido pola Concellaría de Benestar, que este ano alcanza a súa duodécima edición, posto que considera que constitúe unha "excelente oportunidade" para "divulgar hábitos de vida saudables entre os ourensanos".

Ademais, destaca que tamén serve para "sensibilizar a cidadanía sobre o traballo que realizan os farmacéuticos, que non se circunscribe unicamente á dispensa de medicamentos".

"O noso traballo, tal e como recollen as directrices sobre boas prácticas da profesión farmacéutica, contribúe tamén a promover a saúde entre os cidadáns, así como a identificar, xestionar ou detectar problemas relacionados con este ámbito", destaca o COFO.

Te puede interesar