Mejoras

Feijóo analiza novos proxectos para Rairiz, Cenlle e Cortegada

O presidente autonómico mantivo varios encontros cos rexedores locais de estes municipios

Abordar proxectos prioritarios para os concellos de Rairiz de Veiga, Cortegada e Cenlle foi o obxecto das reunións que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, mantivo con sendos rexedores locais. 

Por unha banda, no que atinxe a Rairiz de Veiga e da man da súa alcaldesa, Asunción Morgade, o mandatario galego explorou, en materia de infraestruturas, a humanización das prazas públicas do concello, así coma a do núcleo da Saínza. Do mesmo xeito, abordouse a colaboración entre ambas administracións para reparar o tellado do centro de saúde. 

Sobre as concentracións parcelarias, Feijóo destacou o desenvolvemento da reestruturación de Guillamil-Sabariz, á que a Xunta destinou xa máis de 2 millóns de euros e, no que ten que ver coa que afecta a Rairiz, Zapeaus, Candás e Lampaza, o presidente autonómico confirmou que se atopa en fase de preparación do estudo de impacto ambiental.

Na xuntanza tamén se analizou o estado das infraestruturas viarias. Neste senso, Feijóo adiantou que se levará a cabo o reforzo do firme da estrada OU-531, obra que se desenvolverá no primeiro trimestre de 2021 cunha achega de 1 millón de euros. 

Por último, sobre a rede de abastecemento, a Administración autonómica incluirá nos Orzamentos de 2021 unha orde de axudas para obras de abastecemento no rural. 

Vivenda en Cortegada

O rexedor de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, tamén se achegou ata Santiago de Compostela para falar co presidente autonómico de asuntos vencellados á vivenda e ás infraestruturas viarias do municipio que dirixe. Actualmente está en marcha un proxecto de construcción de seis vivendas modulares de promoción pública que conta cun investimento de un millón de euros. 

Por outro lado, en materia de infraestruturas viarias, Feijóo resaltou o reforzo do firme da OU-801, cunha achega de máis dun millón de euros para 2021; así como a finalización en outubro deste ano da reparación dos apoios dos estribos na ponte do río Deva. O presidente Galego reafirmou a súa colaboración, doutra parte, para impulsar o emprego e a formación neste municipio e resaltou o investimento, en 2019, de máis de 230.000 euros para a urbanización da vía do parque empresarial de Cortegada. Rematarase, tamén, o alumeado do parque.

Centro de saúde de Cenlle

Alberto Núñez Feijóo tamén repasou varios proxectos de interese para o concello de Cenlle co seu rexedor, José Manuel Rodríguez. Durante o primeiro trimestre de 2021 finalizará a construcción das seis vivendas modulares de promoción pública que requiren dun orzamento de un millón de euros. 

En relación ás infraestruturas, o responsable do Executivo autonómico destacou o convenio de colaboración para a realización das obras de reforma do centro de saúde e reiterou o compromiso coa humanización da travesía de Trasariz. A aldea modelo de Osmo rematará antes de finais de ano.

Te puede interesar