O Feirón foi un “impulso para o comercio local”

Imaxe do Feirón, no polideportivo de Barbadás esta fin de semana.
photo_camera Imaxe do Feirón, no polideportivo de Barbadás esta fin de semana. (FOTO: M. PINAL)
Máis dunha vintena de comercios  de distintos sectores participaron neste evento

O pavillón de deportes de Barbadás acolleu esta pasada fin de semana o tradicional Feirón de axuda ao comercio local, que o ano pasado non se celebrou por mor da covid. Máis dunha vintena de comercios  de distintos sectores participaron neste evento que comezou o sábado ás 11,00 horas e rematou o domingo ás 20,30. Ademais de servir como escaparate para o comercio do concello, houbo xogos e animación infantil que acompañaron aos descontos e ao sorteo de lotes de regalos, entre os que había unha televisión ou unha estancia nunha casa de turismo rural.

A concelleira de Comercio, Marga Pérez, asegurou que esta actividade foi un “impulso para o pequeno comercio para saír desta situación de crise provocada pola pandemia e que tanto afectou ao comercio local”. Pérez asegurou que “a afluencia de público foi satisfactoria” e as ventas “superaron as expectativas”. Pola súa banda, os comerciantes amosáronse “contentos” por volver a contactar directamente coa xente despois da pandemia, algo “indispensable para o comercio local”.

Te puede interesar