Felipe Ferreiro: “A xente ten que saber que ninguén vai estar perdido, terán a nosa axuda"

10.68.110.213-archive-2016-07-06-mg_7496-me

A crise sanitaria obrigou a Cruz Vermella a reforzar a súa axuda aos máis vulnerables para non deixar a ninguén fóra. 

Foi máis dura esta crise ca de 2008? 

Sen dúbida. Naquel momento moitas empresas continuaban, a xente podía facer a súa vida... Desta vez, tivemos que traballar expostos, chegando a xente que non podía saír da casa, recibindo chamadas de persoas desesperadas...

Cambiou o perfil do beneficiario da axuda?

Sí. En xeral, son persoas que estaban na economía sumerxida, ou con Expediente Temporal de Regulación de Empleo (ERTE) sen cobrar. Máis do 50% son mulleres de entre 35 e 45 anos, moitas delas con fillos ao seu cargo, e co panorama de non poder seguir mercando comida e pañais para os seus nenos.

Canto tempo tardou en notarse o efecto social da covid? 

Non moito. A partir do 18 ou 20 de marzo xa empezamos a recibir chamadas de persoas moi nerviosas porque non sabían como afrontar o que se lles viña enriba. Os principios foron os peores momentos.

Que resposta deu Cruz Vermella?

Nós tiñamos que ofrecer garantías de que non lle ía faltar nada a ninguén. Foi moi complexo, pero comezamos a recibir donativos, houbo un Plan Responde a nivel nacional, as empresas axudaron moito, superaron as previsións.

A solidariedade da sociedade púxose de manifesto.

Dende o principio. Os colexios chamaban porque tiñan comida que se ía perder, os bares igual... É de agradecer o papel de todos os que colaboraron con nós. Temos un colchón de seguridade, a xente ten que saber que ninguén vai estar perdido, terán a nosa axuda.

E agora, de cara ao futuro?

Agora estamos co plan de recuperación, aínda hai moito que concretar. Imos traballar conxuntamente cos concellos coa tarxeta moedeiro para aqueles veciños con necesidades.

Te puede interesar