entrevista

Fernando Redondo: “Hai cen filmes olvidados sobre a paisaxe galega"

Fernando Redondo.
photo_camera Fernando Redondo.
O seu libro "Os amorodos de Bergman" (editorial Galaxia) gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio o pasado ano e este ano está na programación do OUFF. Trátase dunha viaxe a través do centenar de películas que o grupo de excursionistas Sociedade Amigos do Campo filmaron entre 1925 e 1934

Fernando Redondo Neira (Camporrapado, Boqueixón, 1971) é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e historiador de cine. O seu libro "Os amorodos de Bergman" (editorial Galaxia) gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio o pasado ano. O OUFF, no marco das súas actividades, inclúe esta publicación no programa. Por motivos persoais, Redondo non vén hoxe á presentación deste texto, que supón o “primeiro documentalismo de Galicia”. Unha viaxe a través do centenar de películas que o grupo de excursionistas Sociedade Amigos do Campo filmaron entre 1925 e 1934.

Quen eran esta Sociedade Amigos do Campo?

Un grupo de amigos da alta sociedade da Coruña que facía excursións e viaxes por Ferrolterra, A Guarda, Baiona, Sobrado dos Monxes… Había xente como Xaime Quintanilla, que foi alcalde de Ferrol, o pintor Felipe Bello Piñeiro... Xente que podía dispoñer dunha cámara de cine para filmar viaxes. Practicaban un emerxente turismo naquela Galicia dos anos 20 e 30. Amigos da paisaxe que fixeron un sendeirismo pioneiro.

Que filmaban?

Ían a festas, romarías, comidas campestres, merendas…

O paisaxe é contexto ou ten toda a importancia nas películas?

As dúas cousas. Nuns casos a cámara fíxase nas montañas, nos ríos… 

O grupo fixo cen películas. Quedaron olvidadas?

Totalmente. Recuperounas o CGAI nos oitenta e aínda hoxe están esquecidas. O 26 de outubro haberá no CGAI unha mostra destas películas.

Hai algunha filmación que considere máis enigmática?

Son todas moi  enigmáticas. Son momentos de moita felicidade e un pode chegar a aburrirse dos mesmos momentos visuais pero despois comezas a pensar que relación ten iso coa maneira de entender o mundo e a vida neses anos. Conseguen crer que estamos diante de fantasmas 100 anos máis tarde, hai constantes miradas á cámara.

Teñen importancia histórica?

Si, reflicten moi ben como eran as romarias e festas da época, que tipo de turismo facian as clases acomodadas. Van vestidos moi elegantes incluso no bosque, comidas no chan, tamén hai diferencia clara entre ese grupo e o resto que forma parte na festa. Hai imaxes de Buño con aquela artesanía propia da zona. Vsitas a ruinas históricas como Sobrado dos Monxes...É o primeiro documentalismo do cine en Galicia.  

Te puede interesar