FESTA

A Xeración Nós toma a palabra

A XII Festa da Palabra estreou o novo auditorio nunha xornada de encontro entre as artes e a sociedade ourensá

A celebración do centenario da revista Nós, promovida pola Fundación Insua dos Poetas, concentrou a numerosas persoas na paraxe natural e escultórica que leva o mesmo nome, situada na Esgueva de Madarnás, en O Carballiño. Foi un emotivo encontro de artistas plásticos, escritores, músicos, veciños, políticos, entre outros representantes de distintos colectivos, dadas as especiales circunstancias da pandemia, que disfrutaron dunha xornada cultural e da romaría que se prolongou desde o mediodía continuando pola tarde cun recital poético, entre outras actividades.

O presidente da fundación, Luis González Tosar, manifestaba que "celebramos o cerne esencial de Galicia", e adiantaba a invitación a alcaldes e asociacións para utilizar o novo auditorio Nós da Insua dos Poetas, nesta paraxe "que agora é de titularidade pública". Referiuse á revista no sentido de que a patir dela "agromou unha nova Galicia, que cría en si mesma e que tiña vocación de universalidade". Ao mesmo tempo que anunciaba a dedicación da próxima edición da Festa da Palabra aos seis poemas que escribiu en lingua galega Federico García Lorca, conservándose os orixinais en Ourense.

César Lorenzo, de Aira Editorial, presentou o libro "Camiño de Nós", que se regalaba posteriormente aos asistentes, e no que se recollen as crónicas da ruta que fixeron un grupo de intelectuais desa xeración ata Santiago. 

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, referiuse á Insua dos Poetas como un "espazo de liberdade e concordia", e o conselleiro de Medio Rural, José González, anunciaba que no próximo ano o seu departamento vai intervir "nas especies arbóreas deste espazo ligado á cultura galega".

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sinalaba que "este acto vertebra e potencia o papel da cultura para a conexión das xentes". Cerraba o espazo dedicado ás intervencións o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen se refería a ourensanía deste acto, no que "latexa a emoción a pesar da pandemia" e que é "proba evidente de que a cultura non para".

Os galardóns o esforzo do persoal sanitario durante a pandemia

Se nesta xornada na defensa da cultura en lingua galega sobresaliu o carácter de ourensanía, pola dedicación á revista Nós e pola presentación do libro no que se recollen as crónicas de Xavier Pardo, un dos sete que fixeron ese camiño a Santiago, que agora os concellos polos que pasaron reivindican como ruta cultural. Tamén sobresaliron os sete premios da Insua dos Poetas, que recibiron unha peza do escultor, Acisclo Manzano. Desta forma, pasaron polo escenario do novo auditorio, a profesora Pilar García Negro; Ricardo Paz, en representación de Cine Club Carballiño; a cantautora Ses; Carlos Tilde da asociación pola liberdade afectiva e sexual; Rexina Jallas, presidenta da residencia Santiago Apostol en Río de Janeiro; o artista e comunicador, Xosé Manuel Piñeiro; e o médico Álvaro de Castro acompañado doutros sanitarios da residencia integrada de Baños de Molgas.

Te puede interesar