ÁREA METROPOLITANA

A fibra óptica chegará a 17 poboacións de Pereiro

Pereiro
photo_camera A urbanización da Veiga de Abaixo, un dos puntos aos que chegará a fibra óptica.

Xunta e Estado traballan na instalación de internet de alta velocidade

Un total de 17 núcleos do Pereiro de Aguiar terá acceso a fibra ópitca no horizonte 2020, o que lles permitirá o acceso ultrarápido a internet por riba dos 100 megas de velocidade. O Concello do Pereiro de Aguiar traballa xunto á Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado para dotar ao municipio dunha mellor conexión.

Nalgúns núcleos do municipio xa comezaron as actuacións para acometer estas melloras, mediante o Plan de Banda Larga 2020 da Administración autonómica e o Programa de Extensión da Banda Larga de Nueva Generación do Goberno central. Así, con estes dous programas estanse  a promover de xeito complementario diversas actuacións no Pereiro de Aguiar.

Ata o ano 2020, despregaranse redes de alta velocidade que permitirán aos fogares do municipio dispoñer de conexión por riba de 100 megas simétricos mediante fibra óptica. 

Xa foran aprobadas as subvencións en oito lugares, en moitos dos cales xa se deu inicio ás obras: Reboredo, A Lamela, A Venda, a urbanización A Veiga de Abaixo, San Benito da Veiga, a urbanización A Tapada de Bouzas, Cachamuíña e Tibiás. 

Ademais, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) transmitiu ao Concello de Pereiro que o Estado vén de conceder o pasado mes de novembro novas subvencións, que permitirán estender este plan a outras nove aldeas: San Miguel de Calvelle, Cebreiros, Loñoá, O Condado, A Derrasa, A Medorra, Cortiñas, Sabadelle e Vilariño. 


Reto 2020


O Gobierno  central comprometeuse a finais de 2018 a conseguir que no 2020 chegue internet de calidade a todos os puntos do rural, incluíndo as aldeas máis pequenas, para o que esixirán ás operadoras operadoras pasos neste sentido. 

Te puede interesar