Fina Calleja dirixe a primeira obra de teatro infantil sobre a nenez de Rosalía de Castro

A obra persigue o obxectivo de amosar ao público máis novo o que foi a infancia da escritora, describindo o seu carácter como o dunha nena "creativa, inconformista, lectora, activa e rebelde coas inxustizas"

Os primeiros anos de Rosalía de Castro son o eixe central da obra de teatro infantil dirixida pola ourensá Fina Calleja. Esta peza sobre a infancia da poeta galega, a primeira que repara nesta etapa marcada polo seu traslado de Padrón a Santiago de Compostela. "Rosalía" é o nome co que se estreará no vindeiro mes de febreiro, basada no texto de Nate Borrajo e que contará sobre as táboas coas interpretacións de Cristina Collazo e Rocío González.

A obra persigue o obxectivo de amosar ao público máis novo o que foi a infancia da escritora, describindo o seu carácter como o dunha nena "creativa, inconformista, lectora, activa e rebelde coas inxustizas", segundo explican os da productora. Eses son os valores que queren transmitir aos máis pequenos, xa que tamén forman parte do que é a obra de Rosalía de Castro que hoxe coñecen dende a súa perspectiva adulta.

Aínda que esta peza teatral amosa a infancia de Rosalía, non esquece outros aspectos de carácter infantil como os xogos de palabras, música popular ou o cambio de vida que sofre a protagonista nunha etapa da súa vida, todo elo cuns toques de diversión coa que se transmitirán as sensacións da intérprete de Rosalía aos rapaces de nove a doce anos, que poden identificarse co personaxe.

Culturactiva tomou como referente para esta peza teatral o texto da escritora e actriz Nate Borrajo no que verte os seus coñecementos sobre Rosalía de Castro, aínda que o equipo de traballo compóñeno mulleres sabedoras da vida da galega e expertas no teatro, como é Fina Calleja, avalada polo seu labor en Sarabela.

Te puede interesar