FESTAS DE OURENSE 2017

As food trucks conquistaron ós ourensáns nas Festas de Ourense

O Concello fixo un balance en cifras da acollida das actividades nesta edición 2017, con ampla aceptación das furgonetas de comida instaladas na praza Bispo Cesáreo 

O Concello de Ourense fixo un balance da acollida desta edición das Festas de Ourense, resaltando algunhas cifras de cada actividade programada, onde destaca a ampla aceptación dos postos de Foodtrucks.

Desta forma, o concello estima que nos 9 dias de festas pasaron unhas 20.000 persoas polos concertos da Praza Maior, 45.000 polo Ourense Street Food, máis de 5.000 en cada orquesta-sobrasaíndo a actuación da Olympus-, e unhas 10.000 na batalla de flores.

Con respecto a feira medieval, apuntan que houbo 70 postos e que "non chove a gusto de todos", pero que se limitaron a seguir informes de seguridade.

Te puede interesar