entrevista - vida

Os Forasteiros amosan na provincia o sonido "grelos western"

Ourense. 26/05/18. Portada e venia ao grupo "Os Forasteiros".
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os membros do grupo "Os Forasteiros"

A que soan Os Forasteiros? Soan a "Grelos Western". E a que soa o "Grelos Western"? Pois soa a unha fusión explosiva entre country, bluegrass, cajun, folk, algo rock'n roll

 

Os Forasteiros é un grupo formado por músicos cunha ampla bagaxe que se unen para dar forma a un son que definen como "Grelos Western". Ao seu frente, Simone Saibene, cóntanos algo máis sobre a formación.

Como comezou esta aventura de formar o grupo Os Forasteiros?

En Italia tiña un grupo, chamábase B:folk. Facíamos unha especie de rock-bravú, misturando ska, folk e rock. Eu compoñía as cancións, en galego e italiano. Editamos dous EP. Ademáis tocamos en bastantes festivais, na Televión Rai, abrimos concertos de grupos importantes como Modena City Ramblers ou Cinemavolta e compartimos escenario cos galegos Ruxe-Ruxe. Cando me mudei a Galicia no 2009, ese proxecto finou. En Ourense empecei a compoñer novos temas, nun estilo máis orientado ao country e ao bluegrass. Coñecín o guitarrista Álex Álvarez, que compuxo a banda sonora da película "9 ondas" e no 2013 aproveitamos para gravar un tema "forasteiro" titulado "As ondas". Despois Álex mudouse a Barcelona, e varios músicos transitaron durante estos anos en Os Forasteiros como Marcos Vázquez, Elena Domínguez, Miguel Álvarez, Jose Lameiras, Miguel Araújo e moitos máis. Na realidade Os FOurense. 26/05/18. Portada e venia ao grupo orasteiros é un proxecto solista, onde eu son o único "forasteiro", pero ao mesmo tempo é un proxecto aberto. Non hai formación fixa. Somos unha familia mixta e aberta!

Pero no que atinxe a estas primeiras gravacións, quen forma parte de Os Forasteiros?

Para a nosa estrea xuntei uns cantos músicazos como David Outomuro, Kakus Campos, Xurxo Brea, Manuel Carballo e o mesmo Álex Álvarez. No mes de xaneiro fomos a Pouland Studios baixo a dirección de Iago Pico para autoproducir este novo EP. Tamén tivemos unha invitada moi especial, a cantante Guadi Galego que canta en "Enganar a noite". E aos coros participou o músico e produtor de "Dhogs" Suso López.

O nome de Simone Saibene soa máis vínculado ao cine que a música...

Certo, pero a verdade é que a música sempre formou parte da miña vida. Pasei polo heavy metal, polo punk, polo folk-ska... Nestes últimos cinco anos non puiden dedicarme á música con regularidade porque o cinema foi a prioridade, pero ao final do ano pasado decidín retomar máis seriamente este novo proxecto musical.

Cal é o estilo musical que os define?

Grelos Western. Unha fusión explosiva entre country, bluegrass, cajun, folk e algo rock'n roll, en galego e feito en Galicia por 'forasteiros'. Un spaghetti-western á galega.

Cales son as influencias das que bebedes?

Do country, do cajun, do bluegrass e dos storytellers como John Prine, Don Edwards ou Davide Van De Sfroos. Ademais hai claras referencias ao son do oeste de Europa, é dicir, á música de Galicia.

Co voso son, que buscades? 

Un son analoxico, sinxelo e directo. Acordes mayores. Pasalo ben.

Con que expectativas se presentan ante el público?Ourense. 26/05/18. Portada e venia ao grupo

O EP é un concentrado de enerxía positiva. No escenario queremos transmitir a mesma positividade. O obxetivo principal é divertirse e que o público marche contento do show e que repita!

Cales son as datas nos que os poderemos ver?

O sábado 9 de xuño presentaremos o EP "Grelos Western" no Café Cultural Auriense. Logo tocaremos nas festas da cidade. Outra data confirmada é o día 7 de xullo no Festival Musica na Noite de Teo, preto de Compostela. En agosto chegaremos a Pontevedra e a máis festivais de Galicia.

Algún proxecto a curto plazo?

Con Noveolas estou a levar a produción dun novo proxecto cinematográfico, o filme ‘10/7’ do ourensán Xoel Méndez. A longametraxe acaba de recibir a Axuda ao Talento de Agadic. É un proxecto moi ilusionante no cal xa levamos tempo traballando e en breve volveremos a rodar. Quizáis volverei ao estudio con novos temas de Os Forasteiros, arredor de outono... se o cinema mo permite! 

Te puede interesar