ENTREVISTA

Gabriel Tizón: “Un fotógrafo non vai destacar por onde está, senon pola súa mirada"

OURENSE (CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL). 09/12/2017. OURENSE. Presentación del fotógrafo Gabriel Tizón de su último libro "VIDAS" en el que concentra 20 años de trabajos de diferentes países por donde ha viajado. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Tizón, co seu libro "Vidas".

O fotoxornalista presentou un libro "Vidas" que recolle todas as vidas que leva atopado ao longo da súa traxectoria profesional

Non é doado editar un libro que reúne máis de vinte anos de disparos fotográficos acumulados. Coma tampouco o é revisitar persoas, lugares e situacións que xa non volverán. O fotoxornalista Gabriel Tizón presentou onte no Valcárcel "Vidas", obra que recolle todas esas vidas que leva atopado ao longo da súa traxectoria profesional. 

Unha das fotos do libro amosa a un neno que morde un arame de espiñas. Que simboliza ese arame?

Unha mentalidade, os muros non só son físicos. A educación que recibimos e o bombardeo diario deste mundo tan de "cousas", no canto de sentimentos, constrúe muros. Para aqueles que non deixamos entrar e tamén para nós, para non ver o que lles facemos.

Canto dura o jet lag da volta dunha zona de conflicto?

Para min é un estilo de vida. Non ten caducidade, ás veces estou ben, ás veces estou mal, coma todo o mundo. A fotografía non é unha profesión, é unha forma de estar, de vivir, de falar, de encontrarse.
 
 

Que é ese “algo" que non pode faltar nunha fotografía?

O sentimento. Como fotógrafo, intento conseguilo fotografiando aquilo que me sorprende. O primeiro espectador dunha imaxe é quen a fai, e se ti non te sorprendes, dificilmente sorprenderás aos demais. A fotografía, para min, é unha desculpa para ter encontros con persoas, lugares e conmigo mesmo.

Aínda que viaxe ao redor do mundo, os seus veciños seguen sorprendéndoo?

É que sin facer iso non podo facer o outro, un fotógrafo non vai destacar por onde está, senon por como ve e por como transmite o que ve e o que pensa. Si alguén fotografía pensando nos demais... iso nótase. Se ti non podes estar coa túa veciña, como vas estar con alguén do outro lado do mundo? A fotografía permite ser veciño aquí e alá.

Onde está a liña entre amosar e ser sensacionalista?

Cada un ten unha resposta. Eu creo que fotografío como penso e sinto, e o meu encontro cunha persoa é único. A liña está no momento no que unha persoa retratada non se sente identificada nesa imaxe. A partir de aí, creo que estou abusando coa técnica fotográfica, impoñendo a miña opinión sobre o que está ocurrindo. n

Te puede interesar