Francisco Nóvoa confésase en “Lembranzas dun camiño”

Avelino Muleiro y Francisco Nóvoa en el acto de presentación.
photo_camera Avelino Muleiro y Francisco Nóvoa en el acto de presentación.

O castelo de Maceda acolleu onte a presentación do libro “Lembranzas dun camiño”, de Francisco Nóvoa Rodríguez, que recompila nesta publicación recordos da súa traxectoria persoal e profesional.

No acto estivo acompañado polo autor do limiar do libro, Avelino Muleiro, que definiu a biografía como “real, descarnada, auténtica”. “Non nos queda ningunha físgoa de dúbida de que a súa vida ten sido unha contribución importante a moitas historias: á persoal, á familiar, á das persoas que pasan polas súas empresas, á colectiva de Galicia a través da defensa da lingua e das súas cuantiosas colaboracións”, asegurou Muleiro.

Trala introdución de Avelino Muleiro e da man da súa filla, e directora de Academia Postal, Marta Nóvoa, Francisco Nóvoa deu conta de como naceu a idea do libro. “Santiago Prol foi quen de convencerme”. A partir de aí o proxecto seguiu outro camiño para converterse, en palabras de Nóvoa, “nun sumatorio de esforzos dun equipo”. 

A súa filla recordou que antes de vincularse profesionalmente a Correos e antes de fundar Academia Postal, tivo distintos traballos, entre eles no cine Gayoso: “Ía ó coche de liña pola película e despois encargábame de proxectala. Pagábanme cinco pesetas. E xa en Ourense, pola noite, traballei en La Región, para poder manterme mentres estudaba”, lembrou.

O alcalde de Maceda, Rubén Quintas, pechou o acto destacando que “se vas por Maceda con calquera tipo de problema e te encontras a Paco, o problema está solucionado”.

Te puede interesar