Ciudad

A futura obra no túnel de Ramón Puga, ao Congreso

O túnel de Ramón Puga continúa a espera dunha reforma integral.  ÓSCAR PINAL
photo_camera O túnel de Ramón Puga continúa a espera dunha reforma integral. ÓSCAR PINAL
O BNG pide aproveitar o corte da vía para a execución dos traballos

A demora na reforma do túnel de Ramón Puga chegará ao Congreso dos Deputados a instancias do BNG. O grupo nacionalista rexistrou onte unha instancia ao Goberno central para executar a obra, xa que cada día que pasa "é un día más de perigo e risco de accidente", segundo manifestou o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, percepción que ten tras consultar aos veciños do propio barrio.

Os nacionalistas chaman a aproveitar que ata o 25 de xuño a vía entre Ourense e Zamora permanecerá cortada para obras de reparación das vías estragadas polo accidente do Alvia,  segundo informou o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), para facer os traballos no túnel.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou preguntas sobre os motivos polos que non se asina o convenio dos pasos de Ramón Puga e máis o de Tarascón, cando "as partidas orzamentarias xa se atopan pertinentemente asignadas tanto polo Concello como por ADIF". 

Non é a primeira vez que a formación nacionalista pregunta sobre esta obra, que é unha reivindicación constante nos últimos anos  nas que se promoveron iniciativas en institucións a nivel estatal, autonómico e local, "ademais de impulsar a recollida de máis de 600 sinaturas entre a veciñanza do barrio afectado", lembrou Seara.

Un ano co proxecto

"Non entendemos por que non está asinado xa o convenio para reformar os pasos de Tarascón e Ramón Puga que darían luz verde ás obras despois de levar máis dun ano redactado o proxecto", insistiu o voceiro do BNG.

Te puede interesar