Ourense

Gamificación na aula para mellorar o galego

Ourense

Educación

Gamificación na aula para mellorar o galego

21dias2_resultado
photo_camera "21 Días co Galego e +" introduce elementos de gamificación
Os dous centros educativos ourensáns que participan son o IES Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras, e o IES Xesús Taboada Chivite, en Verín

O IES Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras, e o IES Xesús Taboada Chivite, en Verín, son os dous centros educativos ourensáns que participan dende onte na terceira edición do programa de dinamización lingüística “21 Días co Galego e +”. Estes dous institutos súmanse a outros oito en toda Galicia na participación nesta iniciativa da Xunta, que este ano inclúe como novidade unha experiencia piloto na etapa de Primaria.

O obxectivo do programa é que "a xente nova fale máis galego e perfeccione o seu uso tanto dentro como fóra das aulas", e a base son os 21 días que se consideran necesarios para a adquisición dun hábito. 

"21 Días co Galego e +" introduce elementos de gamificación que van desde os xogos máis tradicionais a experiencias innovadoras. A través dun blog, os participantes deberán superar diversos retos e actividades para facer en grupo e de xeito individual, na aula e na casa. 

Más en Ourense