ALIMENTARIA

Gómez-Franqueira: "É un paso importante para facer unha carne con calidade superior a través da innovación"

coren_alimentaria_mg_7403-1-_result
photo_camera Manuel Gómez-Franqueira, onte en Barcelona.

O presidente do Grupo Coren reflexiona sobre a alianza con La Selva

Un paso cualitivativo para Coren esta alianza, non?

Sí, evidentemente, é un paso moi importante. No mundo da transformación de produtos elaborados cárnicos, nós tíñamos un volume e unha posición relativamente pequena. É unha alianza cunha empresa que xa fixo 100 anos, e que se fixo decisiva. Para nós, aliarse para desenvolver máis esa gama cun especialista na charcutería tradicional é moi importante. 

Dar un paso máis nun mercado, no estandar de calidade media alta, buscando un perfil de consumidor que está case sen estrear para Coren, na liña de Selecta... 

É un paso máis, é ir cubrindo etapas. Primeiro comezas nunha posición, como foi a de Coren, que estaba simplemente facendo produtos de porcino, agricultura, leite envasado... E isto é entrar nunha elaboración que che permita a través de innovación, facer unha carne diferente con calidade superior, que che dá un posicionamento de diferenciación. As marxes non son proporcionalmente iguais que hai dez anos. Nuns negocios tes marxes negativas, ou moi xustas...pero aquí permite a cooperativas e socios ter uns ingresos e seguir desarrollando. 

Economía de escala. Esta alianza coa Selva significa a primeira doutras alianzas? 

Si, evidentemente. Coren agora ten estrutura humana, organización e historia...e  é o suficientemente sólida, financeiramente tamén, e pode facer outro tipo de proxectos. Críamos que isto era algo que nos faltaba, nesta liña... Pero evidentemente estamos dispostos a facer máis acordos deste tipo. 

Pero hai proxectos maduros nese sentido?

Hai que correr, pero hai que correr con solidez e tendo os proxectos ben. No sector porcino, entre a gama selecta, que é o 35% do total xa e ten un posicionamento no mercado e un prezo diferente,e agora toda a gama da alta charcutería, podemos dicir que ese sector está perfectamente estruturado para o futuro. No avícola, somos líderes a nivel nacional. Non só en volume, estamos nun millón e medio de polos por semana, senón tamén en diversificación. Somos a empresa máis diversificada do sector.

Temos polo de corral e biolóxico, produtos de asador, pavo... e así ata 1.750 produtos. Está claro que algo quedará por facer, pero podemos estar orgullosos, porque seguiremos acelerando a un ritmo de 10% este ano, como o ano pasado. A nosa maquinaria permítenos camiñar firmes a nivel nacional e internacional. Quedan outros sectores, como o vacún, no que posiblemente busquemos algo, para reforzarnos. 

Te puede interesar