Os graos duais chegarán ás universidades de Galicia en 2023

Foto de familia das autoridades e poñentes da xornada.
photo_camera Foto de familia das autoridades e poñentes da xornada.
As universidades de Galicia apostarán pola Formación Dual universitaria

A Xunta de Galicia e as universidades públicas galegas impulsan un modelo educativo dual, “pioneiro en España”, que busca a “implicación directa na docencia e o deseño curricular das empresas” no desenvolvemento dunha titulación universitaria de grao ou de máster. Así o expuxo o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na presentación da iniciativa no Museo Centro Gaiás. Créase así un “marco único, organizado, que posibilite e facilite que as titulacións dean o salto ao dual; un sistema de colaboración e traballo que redunde no beneficio dos estudantes e as empresas”.

Tal e como se detallou na xornada “Formación Dual universitaria: unha aposta de futuro para estudantes e empresas”, o Sistema Universitario de Galicia contará a partir do próximo curso cun modelo de graos e másteres nos que o alumnado combinará a súa formación nas tres universidades públicas cun contrato laboral regulado e remunerado nunha empresa. Na presentación participaron ademais os reitores das tres universidades.

Te puede interesar