O Grupo Limia Arnoia repartirá 710.000 euros para proxectos

A maior parte dos fondos reservados destinaranse a proxectos produtivos, algo máis de 420.000 euros. 

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia - Arnoia prepara o reparto de axudas a proxectos que se inicien no rural para esta anualidade e de cara á vindeira. O prazo para solicitar estes fondos, así como información vencellada ás tramitacións necesarias, permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro. 

Concretamente, o GDR Limia - Arnoia repartirá nestes dous anos e dentro das axudas Leader, un total de 710.392,92 euros para proxectos produtivos, é dicir, de tipo privado; e non produtivos -dentro das administracións públicas ou asociacións- que se poñan en marcha nas comarcas que forman o grupo.

Por unha banda, reservarase o 20 por cento do orzamento para este ano 2023, é dicir, un total de 142.078,58 euros, mentres que o 80 por cento restante outorgarase aos beneficiarios no 2024, sendo a contía total neste caso de 568.314,34 euros. 

PRIMARANSE OS PRODUTIVOS

A maior parte dos fondos reservados destinaranse a proxectos produtivos, algo máis de 420.000 euros. 
Para as propostas non produtivas de entidades públicas, o orzamento será de 165.000 euros, mentres que os restantes 97.000 euros irán a parar a proxectos non produtivos de institucións con carácter privado. 

Para obter máis información con respecto a todo o anterior, pódese visitar calquera das oficinas do grupo.

Te puede interesar