A Gudiña e Vilariño impulsan o obradoiro Terras da Castaña III

Para poder participar será necesario inscribirse no Servizo Galego de colocación de Verín

O rexedor de A Gudiña, José María Lago, informou mediante un bando municipal da posta en marcha do obradoiro dual Terras da Castaña III, que se desenvolverá nos vindeiros nove meses de xeito conxunto co Concello de Vilariño de Conso. 

Durante este tempo, os alumnos que participen na formación -que terá unha parte teórica e outra de tipo práctica- adquirirán competencias en materia de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e operacións auxiliares de albañelería e fábrica de cubertas. 

Para poder participar nesta formación, da que é promotora o Concello de Vilariño de Conso, os interesados e interesadas deberán inscribirse no Servizo Galego de Colocación de Verín, solicitando ditas actividades formativas, así como o informe de vida laboral pertinente ao Instituto Nacional da Seguridade Social para poder participar no proceso selectivo -estes requisitos serán necesarios, tanto para ser alumno, como persoal docente, director ou administrador neste novo proceso formativo-.

Te puede interesar