FESTA DOS MAIOS

Guía rápida para non meter a zoca na Festa dos Maios

photo_camera Celebración dos maios na Alameda de Ourense.

Non é Ourense o único lugar onde se celebra esta festa "de primavera", mais si ten o monopolio da súa interpretación. Aqui unha guía rápida das orixes e o ABC dos nosos maios.

Hai perigo naquela cousas que se dan por feitas. O primeiro é facelas mal. O maio non é só a salita de estar na que os corenta graos do termómetro do Parque agardan vez, e as xestas choran porque as ‘mimosas’ morreron. Un maio é unha construcción nosa, non digamos propiamente ourensá –hainos en Pontevedra e no Bierzo-, mais si temos o monopolio de interpretala. De interpretala ben.

O profesor Vázquez Monxardín, ao que asaltamos para que nos explique a idiosincrasia, sitúanos o Rexurdimento da Festa dos Maios aló pola segunda década so século XX. Nomeadamente, o 1917 foi o ano de “gran movida cultural” nese Ourense requintado das Irmandades da Fala, a edición do Tío Marcos da Portela e o nacemento da Coral de Ruada. Mesmo antes, poden ter unha orixe nas “festas maias” das Cantigas de Santa María, de Afonso X. Monxardín precisa: “Todo se lle asigna aos celtas, aínda que non sabemos nin si estiveron aquí, pero a festa ten un orixe medieval, unha festa de primavera impulsada por Ben Cho Shey nos 60”.

Hai décadas, a tradición era "máis artística, hoxe é máis dinámica".

–E que elementos clave da Festa dos Maios?- preguntamos.

–Fundamentalmente dous.

O MAIO

“Ten que ser todo natural”, alicerzado sobre unha estrutura de madeira. A vexetación, “autóctona”, é o escaparate da primavera: “O musgo, o carrabouxo, as xestas, as uzes”. Incluso os nenos, antes, metíanse dentro.

A COPLA

“Debe rimar en asonante e os versos pares”, afirma o profesor. Aínda que o importante é a musicalidade: “Ten esa estrutura porque é a máis doada de cantar, cun ritmo propio das regueifas, da copla popular”.

Te puede interesar