Optará o domingo á portavocía dos nacionalistas

Guillerme Vázquez: 'A futura dirección do BNG será plural'

Guillerme Vázquez.
Guillerme Vázquez optará o vindeiro domingo á portavocía do BNG. Onte visitou a compañeiros en Ourense e conta, ademáis, co apoio de Súarez Canal.
Os seus compañeiros da UPG elixírono pola súa valía política e persoal. Son condicións suficientes para ser portavoz nacional do BNG?

O importante é a unidade. Se nos chamamos Alternativa Pola Unidade no é por casualidade. Nós aspiramos a que neste proceso asambleario saia un Bloque más forte e máis unido, nos ámbitos político e organizativo, e polo tanto, partimos de que é moito máis o que nos une que o que nos separa. Todos e todas somos compañeiros, aínda que opinemos de xeito distinto sobre como resolver os problemas do partido e de Galiza.

Houbo entón demasiado personalismo político?

Non podemos descoñecer que saímos do goberno e sabendo, polo tanto, que necesitamos o apoio dende outra forma de entender a política -nós definímonos como nacionalistas de esquerdas-, estamos plantexando que o Bloque necesita unha dirección con liderazgo, pero con máis dirección colectiva. Iso no significa que queira criticar a ninguén. Os acertos e erros deben ser asumidos por todos. Plantexamos así novas formas para un novo tempo político.

O respaldo a súa candidatura, que lle brindou o ex conselleiro Alfredo Suárez Canal, será determinante para asegurar apoios na provincia?

Respetando, como non, ó compañeiro Alfredo Suárez Canal (e tamén ós demais, apoien ou non a nosa sensibilidade), é sen dúbida importante, pero non menos ca outro afiliado ao BNG que nos propoñemos para a solución dos problemas en Galicia. En consonacia co que dicía antes, as persoas son importantes pero o conxunto é moito máis.

Recentemente, aprobaron un documento para sentar as bases de futuro: defensa dos traballadores, normalización do galego, Estatuto... Bastarán para recuperar a confianza dos galegos?

Se fala vostede das esencias do galeguismo, as esencias sabemos que son moi claras. Nós plantexamos un modelo conforme aos tempos que vivimos, o século XXI, para unha sociedade galega (que tamén cambiou na súa composición, no económico o no social), pero eso no é voltar a ningún cristianismo primitivo. Se hai unha crise económica, é fácil entender que esteamos ó lado dos que sofren, e non do lado que a provocan. Son os traballadores, que son os pequenos e medianos empresarios, os autónomos, que son todos aqueles que queren transformar esta sociedade. Seguen a existir as contradiccións.

Cales serán as prioridades no caso de saír elexido portavoz en sustitución de Quintana?

Para empezar, aplicar o que o conxunto da nova dirección decida. É obvio que nós estamos a facer unhas propostas pero tamén é obvio que sairá unha dirección que, se de nós depende, será plural e, polo tanto, representada nela todas as sensibilidades deste debate interno. Dito eso, esteamos na portavocía ou non, seguiremos a defender este modelo. Respetaremos o que decida a maioría e la acatarémolo.

Chegará o acordo entre as agora catro correntes que se presentarán?

Ese acordo haberao, ese acordo chegará; é evidente que nós imos traballar por el e estou convencido de que os demáis tamén, aínda que acudan dentro doutras listas. Si digo que é necesario un acordo, pero non haberá un acordo pechado antes da Asamblea. Ó final, da decisión que tomen os delegados sairá unha composición determinada e ese acordo producirase aí, nese contexto. O que non vai a ver é ningún acordo previo porque todo o mundo prefire esperar a que se produza nese marco.

Te puede interesar