AGENDA

"Gústame darlle vida ao pasado"

IMG-20180404-WA0044_result
photo_camera Unha das pezas que se poden ver en 'Retrospectiva de Perico Castro'

O pintor ferrolán Perico Castro presenta hoxe na Galería Visol unha exposición das obras máis significativas da súa traxectoria

A paixón polo debuxo corría polas mans dun pequeno Perico Castro, pero non foi ata a madurez dos seus setenta anos cando se animou a profesionalizar o que levaba facendo toda a vida na intimidade da familia e dos amigos. 

Nado en Ferrol, coruñés de acollida e namorado da arquitectura e a historia de Ourense, onde agora inaugura unha colección pictórica á que "me gusta chamarlle 'Restrospectiva de Perico Castro', porque aborda un pouco de todo o meu traballo", asegura o pintor. As súas obras colorearán as paredes da Galería Visol desde hoxe ata o 28 de abril.
Perico Castro vive agora unha etapa de plenitude artística, que comezou cando decidiu ensinarlle as súas creacións ao mundo, "e a xente gústalle o que fago", di con orgullo. 

A creatividade é a súa bandeira, que plasma nun estilo que define como diferente. "Gústame mesturar  técnicas e formas, buscar novas perspectivas, xuntar óleo con acrílicos, o que me apeteza facer". 

Para explicar a temática da súa obra debe un remontarse ao pasado, pero especialmente ao románico, en todas as súas manifestacións. Música, literatura e pintura  son as  máximas inspiracións para o pintor, pero trae á actualidade historias de moito antes, porque "gústame darlle vida ao pasado".  Fala con especial afecto do Caldeiro de Gundestrup: "Sentín que tiña que ilustrar a historia que os debuxos desa peza contaban, dos nosos antepasados celtas, que entenderon o que era a arte e quixeron gravalo xa no século II a.C", explica con emoción Perico.


Retrospectiva de Perico 


En 'Retrospectiva de Perico Castro' presenta a súa colorida versión  do 'Cartel de Cegos', un romance do no século XII. "Fala dun peregrino, o Duque Eduardo de Aquitania, e xa se cantaba nas portas da catedral no ano 1300; tiñamos a música, eu ofrezo a imaxe que penso que mellor representa ese feito". n
 

Te puede interesar