Homenaxe ó primeiro fallo dun xuíz en galego

Os participantes no acto, onte no Pazo de Xustiza.
photo_camera Os participantes no acto, onte no Pazo de Xustiza.
Cumpríronse 34 anos dende que Alfaya e González Trigás o fixeron posible

A Audiencia Provincial de Ourense acolleu onte pola tarde un acto conmemorativo, promovido pola Irmandade Xurídica Galega, por mor da primeira sentenza ditada en galego nos xulgados da provincia. No acto, con persoeiros da xudicatura que fan uso da lingua vernácula e políticos, descubriuse unha placa en homenaxe ó maxistrado  Xoán Manuel Alfaya e ó avogado Miguel González Trigás.

 En 1988, fixeron posible este fito no Xulgado de Primeira Instancia Número 2 de Ourense. Decidiron aproveitar o preito de demanda dunha separación conxugal para sumárense a restauración lingüística.

Na actualidade, os maxistrados que empregan o galego nas súas resolucións son moi minoritarios en Ourense (habitualmente dúas xuízas) e só unha fiscala fala no idioma da terra nas visats orais. Os avogados son algo máis.

Te puede interesar