A I Gala Benéfica contra o cancro xa ten vendida a metade do aforo

A Asociación Cultural As Canellas xunto coa produtora audiovisual Claqueta Coqueta organizan a I Gala Benéfica Contra o Cancro na cidade ourensá. Unha iniciativa novidosa que está a obter moi boa acollida entre o público ourensán, que na venda anticipada da billeteira, xa copa a metade do aforo.
Dous actores como Isabel Blanco e Rubén Riós serán os encargados de levar a batuta dunha gala que contará con artistas como Daniel Minimalia, compositor ourensán nominado aos Hollywood Music Awards; Lucía Pérez (representante de España en Eurovisión en 2011 con 'Que me quiten lo bailao'), Emilio Rúa (cantautor e compositor de Vendas da Barreira), o Grupo Sonos de Ourense e a gaiteira Susana Seivane.

A gala será este sábado, no Auditorio, ás 20,30 horas.

Te puede interesar