Secretario xeral de PNG-PG

IAGO TABARÉS: ' Canto máis plural foi o BNG, mellores resultados obtivo'

Iago Tabarés (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Por que non se presenta como candidato á secretaría xeral?

Eu fóra designado secretario xeral porque estaba na executiva nacional do PNG e no Parlamento e se entendeu que debía asumila con carácter interino, pero creo que agora é un novo tempo, é un congreso ordinario e a pesares da miña dispoñibilidade para traballar no que Xosé Mosquera poida precisar, considero que a persoa máis acaída para iso é el polos seus contactos cos vellos galeguistas. Eu creo que a rotación nos cargos é boa.

Eu estou na política por vocación e que non sexa secretario xeral non implica que deixe de ter responsabilidades no PNG e moito menos que deixe ser un activo militante. A vida institucional non é a única na que se pode participar na política pero estou a disposicións das organizacións ás que pertenzo para o que poidan encomendar.

Como explicaría á sociedade que é o PNG-PG?
Fai falta que a sociedade visualice que hai unha forza política, o PNG, que é interclasista e integradora, na que teñen cabida todas as persoas, sexan empresarios, autónomos, comerciantes, profesionais liberais e traballadores por conta allea. Tamén os nacionalistas e os que, sen selo, son galeguistas, xa que é un sentimento de defensa dos valores identificadores de Galicia. Trátase de encher un espacio político que non estivo baleiro pero que, ó mellor, a sociedade non é consciente de que organizacións o ocupan.

A pluralidade é unha riqueza no nacionalismo galego histórico e tamén o foi no BNG. Canto máis plural foi, mellores resultados tivo. Agora ben, non creo que sexa a causa principal dos malos resultados que tivo en xeral o BNG nas pasadas eleccións. O nacionalismo ten que aspirar a ser unha forza maioritaria e para iso o que fai falta é integrar.

O obxectivo é a renovación?
O máis importante nestes momentos é traballar para o 20-N, que vai ser moi importante para o nacionalismo e para Galiza. En Ourense o BNG temos un candidato extraordinario, Pérez Bouza, e temos que traballar por iso. Despois si que haberá que facer unha reflexión.

Te puede interesar