Igrexa parroquial de San José, en Vista Fermosa

fachada igrexa vista fermosa.jpg_web

No ano 1980 ante o crecemento vexetativo de poboación da populosa barriada de Vista Fermosa veuse a necesidade de crear unha nova parroquia segregada do Couto baixo o padroado de San José Obrero; así colocouse a primeira pedra do templo o día 2 de novembro do ano 1981, quedando baixo o pastoreo do crego Manuel Rodríguez Domínguez, sendo bendita, o 19 de marzo do 1983, polo xa finado bispo de Ourense, Ángel Temiño Sáiz.

O novo e moderno templo deseñouse seguindo os postulados do Concilio Vaticano II que conta con diferentes estilos arquitectónicos dende representacións do románico pasando polo barroco e neoclásico; así no exterior a fachada escalonada presenta tres saíntes contrafortes ademais de cinco grandes paneis rectangulares en formigón que, a modo de torre, os tres os tres centrais amosan, na parte superior cada un deles, dúas aquedades que compoñen un círculo atravesado por cruces solares; namentres as laterais, de menor tamaño, mostran igualmente un oco, tamén en forma de círculo, con un saliente imitando un arco de medio punto que, xunto cos paneis, forman unha estrutura similar a un túnel

Accédese ao templo mediante dúas sinxelas portas de madeira, de dobre folla, seguida dun estreito náxtres. O interior cóbrese de madeira e cortiza sostido por tres vigas transversais dispostas ao longo da nave partidas por cinco travesas que crean unha estrutura rectangular a xeito da existente na parroquia de Cristo Rei, nas Lagoas.

Unha soa nave en forma de triángulo isósceles preside o presbiterio enmarcado por dúas columnas de formigón lisas que sosteñen un lintel en forma de arco escarzano tumbado que soporta unha pouca afortunada cortina de separación situada entre o altar maior mailo tras-altar ou capela de inverno, esta é de planta semicircular cuberta sostida por seis vigas con claraboia tamén secircular, todo, de modo austero e de gran simplicidade. Resultan interesantes tanto unha talla dun Cristo crucificado así como sendas representacións da Virxe co Neno situada no muro do evanxeo e a de san José, no da epístola, todas realizadas en madeira con trazos angulosos e estilizados todas apoiados sobre ménsulas obra da man do escultor Mesquida.

Outro dos elementos singulares existentes nesta moderna Casa de Deus o constitúe o Vía Cruces, situados sobre ambos muros laterais compostos por catorce pequenos paneis, en alto relevo, representando a Paixón do Noso Señor.

Un dos elementos máis destacados do templo o constitúe a gran tribuna ou balcón situado sobre a nave realizada en formigón e madeira así mesmo as fiestras que aportan unha fonte de luz natural conxuntamente cas existentes na zona da epístola maila claraboia semicircular, situada sobre a capela de inverno. Baixo a tribuna situada na entrada do templo atópanse varias dependencias destinadas ás actividades parroquiais.

Te puede interesar