Igrexa de Santa Eufemia do Centro de Ourense

Sin título
photo_camera Sin título

A parroquial de Santa Eufemia do Centro, templo de culto católico, sitúase na intersesión da rúa Lamas Carvajal maila a popular praza de santa Eufemia, separada por un estreito canellón do Liceo de Ourense, moi preto da praza maior e a poucos metros da escaleira de acceso á catedral de San Martiño, constituíndo un fermoso templo barroco con influencia portuguesa (manuelino) construído entre os séculos XVII e XVIII co engadido dunha torre no XX, constituíndo o maior templo da cidade das Burgas despois da catedral. 

Santa Eufemia foi unha santa martirizada na época do emperador Adriano sendo séculos despois descuberto o seu corpo na serra do seu mesmo nome, no parque Xurés. 

As obras de esta importante igrexa comezaron no ano 1653, mercé a Orde da Compañía de Jesús, como parte dun colexio, pero aínda sen a súa fachada, non rematando a obra ata o século seguinte. A espectacular fachada-telón, de forma xeométrica cóncava e chea de movemento arquitectónico visibles, atribúese ao frei Plácido Iglesias, monxe bieito do mosteiro de San Salvador de Celanova, o mesmo autor da galería superior do citado mosteiro. A igrexa caracterízase pola súa monumentalidade parecendo establecer unha relación na fachada entre a súa parte central mailas laterais, toda ela resaltada pola presenza de placas, tan típicas do barroco galego, presentes tanto nos laterais como no corpo central. Na parte inferior trala escaleira de acceso ábrese a grande portada franqueada por dous pares de altas, lisas, grosas e monumentais columnas xónicas de tipo composto que franquean a fornela central que contén a imaxe pétrea da titular, santa Eufemia realizada no ano 1988 polo escultor Xosé Cid, todo decorado por liñas curvas e xogos de luz con entrantes e saíntes que permiten destacar os claroscuros, todo realizado mediante o emprego do nobre material, o granito galego. No corpo central superior destaca unha grande fiestra acompañado de outras dúas columnas no medio das que destacan ambos escudos de armas iguais ambos representativos do conde de Maceda. Remata a parte central nun frontispicio partido decorado cunha cruz, datado do ano 1937, decorado cun dos símbolos máis definitorios do estilo barroco, os pináculos. 

No ano 1989, no medio dunha grande polémica a favor da súa ergueita ou non, alzouse unha das incompletas torre neste composta de tres corpos situada no lateral dereito do espectador, obra polo desexo do antigo párroco Luís Rodríguez Portugal, suxeitándose ao proxecto do arquitecto ourensán Pérez de Juan Romero.

O interior da austera igrexa, de cruz latina a pesares da época da súa construción, non destaca pola súa incidencia barroca. Componse de tres naves, máis curtas e baixas as laterais ca central todas iluminadas pola destacable cúpula circular. O gran retablo maior do Santo Cristo de la Esperanza, atribuído a José Ferreiro, preside o presbiterio. Construído con madeira de piñeiro policromada, entre os anos 1770 e 1771, para igrexa e ex-convento de san Francisco, constitúe unha grande espectacularidade para o visitante atopándose presidido centralmente pola fermosa talla do citado Cristo acompañado, no primeiro andar, por sendas imaxes barrocas pertencentes a san Francisco Javier e san Ignacio de Loyola, ambas de evidente traza castelá; no segundo corpo o ocupa as imaxes de san Francisco, santa Eufemia e san Luís Obispo, dando remate á obra mediante un ático un relevo de Cristo resucitado 1. 

O órgano atópase situado no coro alto, aos pés da nave principal. Trátase dun instrumento musical comprado no ano 1930, por un importe de 16.500 pesetas mediante subscrición popular. Hoxe, totalmente electrificado, perdeu parte do seu valor orixinal, pese a elo tense utilizado para a realización de varios e importantes concertos.

Te puede interesar