Ourense

As ilustracións da revista Nós: "Galicia puido crear unha cultura universal"

Ourense

Cultura

As ilustracións da revista Nós: "Galicia puido crear unha cultura universal"

A catedrática de Historia María Victoria Carballo Calero presentou o libro no marco do centenario

 A Xeración Nós continúa a protagonizar os actos do centenario da revista que iniciou a súa impresión nos talleres de La Región. Unha segunda publicación, esta vez centrada nas ilustracións da revista, presentouse onte no Pazo Provincial.

"Esta xeración é un dos capítulos máis brillantes da cultura do século XX, galicia puido crear unha cultura universal"

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a catedrática de Historia do Campus de Ourense María Victoria Carballo-Calero falaron de "La ilustración en la revista Nós", unha edición que actualiza ás de 1983 e 2011 sobre as imaxes da xeración que converteu a Galicia en referente cultural. Baltar salientou "o alto valor gráfico e documental da obra, que expresa a través da arte a intelectualidade de Nós, compilado nun excelente traballo de María Victoria Carballo-Calero, a quen agradezo a sensibilidade e a sapiencia postas neste labor a prol da cultura e da identidade galegas".

María Victoria Carballo-Calero destacou que "Nós constituye uno de los capítulos más brillantes de la cultura del siglo XX, Galicia tenía todas las posibilidades de realizar una cultura autóctona y universal". Neste senso, a historiadora reseñou a "galeguidade" desta xeración e da revista. 


“Unha semana clave"


O presidente da Deputación remarcou a importancia da data na que se presenta esta terceira edición, "unha semana clave porque este venres se compren cen anos da aparición do primeiro número da Revista Nós, que naceu en Ourense, que tivo como director a Vicente Risco, como xerente a Arturo Noguerol e como responsable artístico a Castelao".  


Unha vertente artística unida ao nome de Castelao


A obra percorre ao longo de 186 páxinas dunha coidada edición a vertente artística nas súas diferentes modalidades para expresar en debuxo, linoleos, gravados e outras formas de expresión da arte o que foi unha etapa fundamental para a cultura galega. "A ilustración de Nós ", vai unida ao nome de Castelao, quen se encargou do aspecto tipográfico da revista, das súas portadas, viñetas e colofóns.