Día das Letras Galegas

Os artistas gráficos ourensáns súmanse á reivindicación das Letras Galegas

Detalle de una ilustración de Miguel Robledo para conmemorar el Día das Letras Galegas.
photo_camera Detalle de una ilustración de Miguel Robledo para conmemorar el Día das Letras Galegas.

Ilustradores, creativos e artistas plásticos únense á 57a celebración da festa reivindicativa da cultura e idioma galegos

Aínda que trátase dun 17 de maio atípico, a gran celebración das Letras Galegas encheu as redes sociais con mensaxes reivindicativas e homenaxes á cultura e a lingua da comunidade. Hashtags como #EuFaloGalego ou #LetrasGalegas serviron de punto de encontro para escritores, rapsodos, poetas e ilustradores para amosar o seu amor pola lingua ... e Ourense non foi unha excepción. Foron varios os creativos da provincia que escolleron celebrar esta cita con algunha creación artística.

É o caso, por exemplo, do ilustrador Miguel Robledo, quen deseñou un libreiro de fantasía da comunidade que flota no ceo para a libraría ourensá Punto e Coma, sen ataduras nin límites. Non é a única festa na que participa Robledo: ata o 24 de maio, a compra da súa edición ilustrada de "Frankenstein" neste local da cidade ou na Aira das Letras, en Allariz, leva como agasallo unha copia de "Vidas imaxinarias".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Feliz Día das Letras Galegas! #díadasletrasgalegas #letrasgalegas #libros #libro #librarías #17demaio #ourense #galicia

Una publicación compartida de Punto e Coma (@puntoecoma) el

Outro artista visual e ilustrador ourensán que decidiu sumarse á festa é Pablo Otero, que compartiu unha selección de "topónimos fermosos, atesourados polo mes de Maio". Oira, Darbo ou Cunchido son soamente algúns destes termos que teñen encandeado ao autor de "Parece unha formiga".

O lenzo de Anaquiños de Papel son -coma o nome xa indica- as follas brancas. As ourensás Cristina e Beatriz Velasco "esculpiron" un mapa de Galicia dende o corazón. "Unha lingua ben riquiña, perseguida durante anos que sobreviviu grazas ao amor de tod@s os galeg@s", escriben como felicitación e pregúntanse: "¿quién no ha sentido morriña alguna vez?".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Feliz Día das Letras Galegas. Unha lingua ben riquiña, perseguida durante anos que sobreviviu grazas ao amor de tod@s os galeg@s Porque aínda que non sexas galego, ¿quén non sentiu morriña algunha vez? 💙💙💙💙💙 💙💙💙💙Feliz Día de las Letras Gallegas. Una lengua bien riquiña, perseguida durante años que ha sobrevivido gracias al amor por ella de tod@s los galleg@s. Porque aunque no seas galleg@, ?¿quien no ha sentido morriña alguna vez? #diadasletrasgalegas #galicia #letrasgalegas2020 #papercutting #papercut #papercutart #setdesigner #artdirection #paperart #paperartist #origamiart #paperlover #decoracion #diseño #escenografia #escaparatismo #visual #visualmerchandising #diseñografico #paperwork #papercutting #paperartistcollective #artesania #papersculpture #hallazgosemanal

Una publicación compartida de Cris & Bea | Paperart Studio (@anaquinosdepapel) el

A ilustradora Idoia Luxan xúntase á celebración cun debuxo metafórico: un globo, como de banda deseñada, que reúne aos galegofalantes, sexan onde sexan.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Feliz Día das Letras Galegas! <3

Una publicación compartida de Idoia Luxan (@idoiadluxan) el

E non saímos da banda deseñada, porque o autor de "Aleida. Cidade sen alma", Víctor Boullón, tamén uniuse á festa, e faino homenaxeando ao protagonista do Día das Letras Galegas 2020, o escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. "Desfrutade o día!", desexa o ilustrador.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Desfrutade o día! #letrasgalegas #ricardocarvalhocalero #debuxo #ilustracion

Una publicación compartida de victor Boullon (@victorboullon_ilustrador) el

Te puede interesar