PRESUPUESTOS

Administración electrónica no Concello, prevista no proxecto de orzamentos

Tamén se contempla, por vez primeira, unha partida para mercar desfibriladores en todas as dependencias municipais

O proxecto de Orzamentos para 2017 que actualmente está en fase de análise por parte dos grupos políticos, contempla a necesaria implantación da administración electrónica no Concello de Ourense, tal e como esixe a Ley 39/2015 de Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Así, a implantación da "e-administración" é o obxecto principal desta partida de nova creación, dotada con 80.000 euros e que está pensada para garantir "un acceso máis cómodo, rápido e eficaz á Administración Local por parte dos cidadáns de Ourense, facilitándolles a relación co Concello e optimizando tempo e recursos", sinala o concelleiro responsale, Jorge Pumar.

Asimesmo, a partida de Servizos Xerais tamén contempla, por vez primeira, unha partida específica para mercar desfribriladores en todas as dependencias municipais. "Algo necesario e imprescindible en emerxencias sanitarias que poden salvar vidas chegado o momento. E supón ademáis o cumprimento dun acordo plenario que se aprobara no pasado mandato municipal", sinala o concelleiro.

Por último, outra das grandes novidades nas áreas de Servizos Xerais e Cooperación Institucional é a doración dunha partida específica, tamén por vez primeira, para a cofinanciación de proxectos europeos por un importe de 140.000 euros. "A vontade deste goberno municipal é situar a Ourense na vangarda do que a proxectos europeos se refire. Somos ambiciosos e somos conscientes de que Ourense pode optar a fondos e proxectos moi cuantiosos porque temos potencial e capacitación suficiente para captalos".

Te puede interesar