Industria traslada o seu apoio a Boborás e O Bolo

20190930CondeAlcaldeOBolo_result
photo_camera O consellerio, Francisco Conde, co alcalde do Bolo, Manuel Corzo.
A Xunta impulsa políticas activas de emprego ou de emprendemento

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse co alcalde do Bolo, Manuel Corzo, e a alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres. Segundo informou o citado departamento da Xunta, estes encontros "serviron para avaliar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e as municipais para seguir impulsando a dinamización económica destes municipios ourensáns". 

As políticas activas de emprego, o apoio aos autónomos e o impulso ao emprendemento foron algúns dos aspectos abordados nas reunións, nas que Conde lles agradeceu aos rexedores a participación de ambos municipios na rede de Concellos Emprendedores, sergundo salienta unha nota da Xunta.

Pertencer a esta iniciativa permite aos concellos "ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética". A cambio, o Concello comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio. 

Ourense é a provincia que conta con máis concellos adheridos a este convenio que a Xunta ten firmado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así, do total de 125 Concellos Emprendedores de Galicia, 57 pertencen á provincia de Ourense. 

Te puede interesar