Entrevista

Inma Soto: "É moi importante que recoñezamos o noso: un picapeixe, o teixugo ou un picapau”

Inma Soto é a autora de “Xela, a superheroína de aldea”, un conto autoeditado que preséntase como unha boa opción educativa para chegar estas festas aos máis pequeños, e tamén aos grandes da casa

Inma Soto é unha amante da natureza, da súa terra, da paisaxe e fauna de Ourense e da educación na infancia. Todo iso xúntase nunha cocteleira apaixonante no seu día a día e máis dende que cumpriu un novo reto: publicar o seu primero conto, “Xela, a superheroína da aldea”. 

¿Como xorde o proxecto de “Xela, a superheroína de aldea”?

Eu levo máis de dez anos traballando en Educación Ambiental e vin a oportunidade de empregar o conto como ferramenta educativa, en lugar de dar unhas charlas tipo. Porque para os nenos e nenas é moito máis enriquecedor, non se aburren e para eles é moi importante aprender xogando e desfrutando da natureza.

¿Viches este proxecto como unha necesidade?

Vino como unha necesidade. Isto xurdiu, en realidade, no 2017, a partir dos lumes que houbo en Galicia e que a min me pillaron no Xurés. Daquela traballaba nunha asociación medioambiental, e foron moitas as chamadas para que foramos dar charlas sobre incendios ás escolas. Axiña vimos que aquelo non funcionaba, era aburrido e contraproducente; non debemos facer sentir responsables ás crianzas dalgo no que elas non teñen capacidade de goberno. Entón, pareceu oportuno darlle unha volta e ir ás aulas cargadas de enerxía e facerlles sentir que son afortunadas pola riqueza natural que temos. Se a coñecen e valoran, quererán protexela.  

¿Por qué Xela como superheroína de aldea como protagonista do teu conto?

É un nome bonito que ten forza, lembra ao nome dunha guerreira;  chegou un día á miña vida nunha anécdota simpática e non o dubidei.

¿E por qué unha nena do rural?

Tamén quería por en valor aos nenos e nenas rurais. Ás veces eles pensan que son cidadáns de segunda e non é así, máis ben todo o contrario, son moi afortunados. Teñen unha contorna para desfrutar que é privilexiada, aliméntanse mellor porque hay horta, comen carne de proximidade e o conto quería mostrar iso: a riqueza dos nosos recursos. Quería que a protagonista fose unha nena, porque sempre son superheroes, e neste caso é una superheroína aventureira, valente e moi intelixente.

A paisaxe tamén está elexida a conciencia…

É a típica galega, en mosaico. A diversidade, que é riqueza, nace na propia paisaxe. Podemos ver horta, prado, fraga e anaquiños de terra con diferentes aproveitamentos.

O relato acompáñase dunhas ilustracións moi estudiadas, ¿cal é o obxectivo?

As ilustracións son de Clara Cerviño. É unha ilustradora científica que xa coñecía por otros traballos dela. Quería que os elementos da natureza estivesen ben identificados: se debuxaba unha árbore que se soubese ben cal era, por exemplo un carballo. O mesmo para os animais, quería ilustración infantil pero cun nivel de detalle que permita a súa identificación. 

Para min era moi importante que se coñecese o que é noso. É certo que moitas de nós comezamos con Félix Rodríguez de la Fuente e con documentais de África, pero despois é importante recoñecer o noso: un teixugo, un picapeixe, o pica-pau…

¿Qué cambio pretendes conseguir nos nenos cando lean o teu conto?

Sobre todo que sintan fachenda do propio e que sintan a natureza como unha oportunidade e recoñezan o noso territorio como algo único. Tamén se fala da necesidade e importancia de habitar o rural, para que esté custodiado;  non pode quedar só para os paseos de domingo. Corremos o risco de que outras persoas vexan eses recursos tan apetecibles que temos e que os aproveiten dunha forma menos sostible. 

Creo que tes a ilusión de que sexa unha colección e seguir usando o conto como ferramenta educativa, ¿Xela aportará máis aventuras aos nenos e nenas?

Eu animeime a por colección “Esquío Rebuldeiro” na contraportada, cun único exemplar, porque sí que me gustaría dar a coñecer outras riquezas que temos en Galicia empregando o conto como ferramenta. Por exemplo, ao final de Xela incluín un xogo para que manexen os nomes das especies típicas de Galicia, é unha forma de que vexan que somos inmensamente ricos. 

Te puede interesar