EN OURENSE

“Insatisfacción" no BNG, pero con un apoio “in crescendo"

"Os resultados dannos moita esperanza de cara ás municipais", sinalou Luís Seara

Desde o BNG, valoraron ter "duplicado" o número de votos nas eleccións xerais en Ourense, "Os resultados dannos moita esperanza de cara ás municipais, demóstrase que o BNG está claramente en remontada, como percibimos durante a campaña", sinalou Luís Seara, o responsable comarcal e candidato á Alcaldía, que tras a campaña notou que "se nos está achegando xente, e nas municipais, onde somos referente, melloraremos". 

O candidato pola provincia ao Congreso, Iago Tabarés, destacou que "duplicamos os votos" e acadouse o obxectivo de "frear á dereita". Asemade, Tabarés considera que estas eleccións suporán un "punto de inflexión" para o BNG.  A parlamentaria Noa Presas mostrou a "insatisfacción" polo resultado para os intereses de Galicia, se ben matizou que o BNG ten apoio "in crescendo".

Te puede interesar