A inundación de A Veracruz foi debida á choiva, din os técnicos

O forte temporal de vento e choiva que azotou a comarca na pasada fin de semana foi o causante do anegamento do templo parroquial da Veracruz, 'xa que a rede de saneamento non deu abasto para absorber tanta auga', segundo as explicacións dadas onte polo alcalde en funcións do Carballiño, Manuel Amil Otero.
O edil nacionalista, responsable das áreas de Obras e Urbanismo, lembra que 'nestes días estamos a detectar varios problemas co alcantarillado, xa que na meirande parte das rúas non hai canalizacións para as augas pluviais, e por iso hai desbordamentos en todo o casco urbán da vila'.

Os técnicos da empresa Misturas, que está a construir a praza pública no contorno da Veracruz, tamén comprobaron que 'non houbo ningunha rotura de tubería na zona para provocar a inundación do templo da Veracruz, tal e como mencionaba o responsable da parroquia'. Así, consideran que 'máis ben o problema é das características do edificio, onde se detectou un problema nas baixantes da cuberta, polas que con toda seguridade se filtrou a auga'.

Unha opinión que non comparten os integrantes da comisión parroquial creada na defensa do patrimonio da Veracruz. 'Estamos seguros de que a entrada de auga na igrexa non foi unha casualidade, senón que vén derivada das grietas que apareceron na súa estructura', comentaron, e que achacan ó desenrolo das obras.

Te puede interesar