entrevista

Isabel Cea: “Saímos moito fóra, pero sempre partimos de aquí"

Isabel Cea (segunda pola esquerda), voz e baixo de Triángulo de Amor Bizarro.
photo_camera Isabel Cea (segunda pola esquerda), voz e baixo de Triángulo de Amor Bizarro.

Triángulo de Amor Bizarro súbese este sábado ao escenario do Ourenrock Sound

"Somos catro amigos que nos entendemos musicalmente", explica Isabel Cea, "Isa", voz e baixo de Triángulo de Amor Bizarro. O grupo coruñés de Abanqueiro, en Boiro, súbese hoxe ao escenario do OurenRock, a partir das 20,50 horas.

É difícil manterse independente na industria musical?

Creo que é coma no resto das profesións. Non tiñamos nada marcado sobre o que era un grupo, gustábanos moito a música e dedidimos traballar moito e permanecer fieis ao noso estilo. O noso cuartel xeral sigue estando na ría de Arousa. 

Que lles aporta estar na aldea?

Nós saímos moito fóra, pero partindo dende aquí. Iso permite que estemos en contacto coas nosas influencias, o entorno e a música, e lonxe desa industria musical máis centrada no postureo.

Como é o proceso creativo?

De forma natural cada un aporta as súas cousas... Rodrigo, por exemplo, é o que compón as letras de todos os temas, é moi bó concretando ideas. E logo... ensaiar, ensaiar e ensaiar. Catro días á semana é coma se vivísemos xuntos, tocamos moito, imos xogando, van saíndo as cancións... O proceso é un caos ao principio e no medio, ata que logo, sen saber moi ben como, vanse colocando as pezas.

Manteñen o bo rollo?

Si, claro, é básico. Nós somos amigos que comparten ese amor pola música e que entendemos a entendemos dun xeito similar. Todo o día poñemos música, criticamos, compartimos, enriquecémonos... Creo que dende fai anos atopamos o equilibrio que necesitamos. Se cadra, Rodrigo e eu somos os que máis rifirrafes temos, pero sempre dende o amor.

Tras 15 anos, acadaron a madurez?

Ese termo vainos tan pouco... Somos inmaduros natos! Neste tempo cambiamos como persoas, pasaronnos moitas cousas... No meu caso cada ano evoluciono, cambio de criterios, non me gusta estancarme. 

Te puede interesar