AVE EN OURENSE

Jesús Vázquez: "A variable exterior é irrenunciable"

O alcalde da cidade dixo que se podía "ser optimistas" no referido a licitación dalgúns tramos que se encontran "moi avanzados"

O alcalde da cidade de Ourense, Jesús Vázquez, falou sobre a reunión do presidente da Xunta de Galicia co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, no que tratarán a chegada do AVE a Ourense e Galicia. Ante os medios, Jesús Vázquez asegurou que se pode "ser optimistas" no referido a "licitar canto antes un dos primeiros tramos" xa que este se atopa "moi avanzado". 

"A variante exterior é irrenunciable"

O rexidor non quixo falar de datas pero sí insistiu en que "a variante exterior é irrenunciable" e que a chegada da Alta Velocidade a Ourense "lle convén porque é unha das posibilidades para a xeración de riqueza na cidade". Explicou que "oxalá fora no 2018", pero que "tras a reunión entre Núñez Feijóo e o ministro aparecerán esas novas datas". 

Recordou a reunión mantida co ministro na que lle asegurou que "seguiría a traballar con premura para, polo menos, sacar a licitación dos tramos que están máis avanzados". 

Te puede interesar