ENTREVISTA

Jonathan Ferreira: “A gaita é un símbolo de Galicia e o seu son gusta a todos os públicos"

Jhonathan Ferreira participa no acto Gaiteiro en la Catedral
photo_camera Jhonathan Ferreira participa no acto Gaiteiro en la Catedral (FOTO: XESÚS FARIÑAS).
Jhonathan Ferreira é o gaiteiro elexido para tocar este mércores o himno provincial "Ourense no Solpor" coma homenaxe ás víctimas da pandemia

Jhonathan Ferreira é o gaiteiro elexido para tocar, este mércores, o himno provincial "Ourense no Solpor" coma homenaxe ás víctimas da pandemia. O acto solidario englóbase dentro da iniciativa Gaiteiro na Catedral que leva a cabo a Deputación en colaboración có Obispado e a Catedral de Ourense como acto conmemorativo. A homenaxe empezou esta semana pasada con la participación do gaiteiro Bieito Romero. Esta iniciativa converteuse no primeiro acto permanente para recordad ás víctimas do covid-19. A homenaxe ten lugar na praza de San Martiño e comenza as 11,30 horas, facendo referencia ao día 11 de marzo de 2020 cando a Organización Mundial da Saúde declarou a pandemia a causa da expansión do coronavirus.

Como se sente participando neste acto de homenaxe ás víctimas da pandemia?

Síntome ilusionado, con ganas de participar neste acto solidario. Ademais tamén é unha forma de dar visibilidade e que todos poidan ser partícipes deste acto ao mesmo tempo que se fai unha homenaxe ás víctimas da pandemia. É un acto de homenaxe e recordo aberto a toda a cidade. 

Tocará dende a torre da Catedral. Será un momento especial?

Si. No pasado tiven a oportunidade de poder dar algún concerto no interior da Catedral, pero nunca tiven a ocasión de subir á torre. Polo tanto será un recordo moi especial. Tamén para poder disfrutar do momento de tocar a gaita dende a catedral ourensana.

Bieito Romero foi o primeiro gaiteiro en inaugurar esta iniciativa solidaria. Como se sente ao colaborar en actos con otros compañeiros de profesión?

Sintome moi emocionado. Penso que Bieito Romero é unha persoa que conseguiu darlle importancia a Galicia e representala por todo o mundo. Foi un acerto que él fora o primeiro en participar neste acto de homenaxe ás víctimas da pandemia, xa que desta maneira conseguiu darlle visibilidade a este acto que está aberto a todos.  

 Este acto supón un reforzo da cultura e da propia música galega, non? 

Si. Dende que comezou esta iniciativa a semana pasada puiden ver que foi moi ben acollida por parte do público. Será un gran recordo poder participar ao mesmo tempo que se usa a música tradicional de Galicia para facer esta homenaxe tan especial. 

A música é un medio que permite conectar coa xente?

Considero que a música é moi importante para todos. É unha linguaxe universal. Por outra parte, a gaita é un símbolo de Galicia e o son deste instrumento é un son que vai gustar a todos os públicos, tanto á xente de fóra como aos ourensáns. Ademais todos van poder disfrutar dun gran acontecemento solidario. 

Recomenda a todos os veciños que se acerquen a este acto?

Si. Eu quero animar a todos os cidadáns para que se acerquen ata a praza de San Martiño para poder disfrutar deste acto solidario. Pero que se acerquen non só mañá, senón, que se poden, vaian todos os días mentres dure esta iniciativasolidaria de homenxe ás víctimas do coronavirus. Tamén animo a todos os gaiteiros, tanto galegos como de fóra de Galicia a que participen neste acto de homenaxe das víctimas da pandemia. 

Te puede interesar