ENTREVISTA

José Antonio Fontelo: “A xente agradece a aprendizaxe mediante formacións prácticas"

Ourense. 1-09-2017. Fontelo, sicólogo de Cruz Roja. Paz
photo_camera O director de formación de Cruz Vermella, José Antonio Fontelo.

A formación xoga un papel destacado para Cruz Vermella, de aí  que teñan un departamento adicado en exclusiva a ofertar cursos para complementar as competencias tanto dos voluntarios e persoal como da poboación en xeral.

 "Somos pioneiros en desenvolver moitos proxectos de tipo social, o cal nos da a bagaxe e experiencia necesaria para poder sacar a rúa cursos de interese dentro do ámbito social e sanitario", explica o director de formación, José Antonio Fontelo. Toda a súa oferta de cursos pódese atopar na súa páxina web.

Cal é o curso estrela dos que oferta a área de formación?

O curso con máis demanda é o de primeiros auxilios. Desenvolvemos uns 10 ou 15 en toda a provincia ao longo do ano. O próximo está pendente de convocar para mediados de setembro e está destinado a poboación en xeral. 

Que é o que máis aprecia dun curso a poboación?

A xente agradece as formacións prácticas onde obter unha aprendizaxe signficativa que sirva para algo. Nas nosas formacións partimos da teoría pero enseguida nos imos ao terreo da práctica. 

En que se ampara a formación de Cruz Vermella para o seu bo recoñecemento?

Dende hai case 10 anos baséase nun sistema de calidade. A formación revísase continuamente mediante  auditorías, o cal nos serve a nivel interno e tamén como marco de referencia cara o exterior. 

Te puede interesar