20-D

José Blanco lembra que o PSOE “garante os dereitos sociais e o PP os recorta"

<p></p>
photo_camera Un minuto de silencio no mitin de Amoeiro polo atentado de Afganistán.

O europarlamentario socialista participou nun mitin en Amoeiro 

O europarlamentario socialista e exministro de Fomento, José Blanco, amosouse onte disposto a confrontar co presidente da Xunta "a herdanza socialista coa herdanza da dereita, posto que o Partido Socialista é o garante dos dereitos sociais e civís en España, namentras que o Partido Popular é garante dos recortes neses mesmos dereitos". Así se manifestou o dirixente socialista no transcurso dun mitin que celebrou o PSOE en Amoeiro, no que participaron, ademáis, Susana Rodríguez, candidata ao Congreso; Teresa Taboada, candidata ao Senado, e Rafael Rodríguez, alcalde de Amoeiro.

Blanco, que na noite do venres participou noutro mitin en Verín, acusou en Amoeiro a Mariano Rajoy de enganar aos espanois, pois "privatiza a sanidade, pecha escolas, subiu o IVE e calquier indicador que queiramos observar dinos que imos a peor", para concluir afirmando que "á xente ofrecéronlle a triple P: paro, precariedade e pasaporte".

O mitin de Amoeiro formou parte da apretada axenda electoral que os socialistas ourensáns desenvolveron onte pola provincia, celebrando tres mitins ao longo da tarde.

Por unha banda, o candidato ao Congreso Segundo Augusto González e a secretaria de organización, María Quintas, deron un mitin en Baños de Molgas. A maiores, os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado, Rocío de Frutos e Luis García Mañá, participaron no mitin central da xornada, que se celebrou no salón de actos do concello de Cortegada.

Te puede interesar