ENTREVISTA

José González: "Faremos proxectos piloto para amosar aos xóvenes que no rural se pode vivir moi ben"

O conselleiro de Medio Rural aposta pola mobilización de terras -"que ninguén quede sen montar un negocio no campo por non ter base territorial"- e destaca a importancia dun "rural orgulloso" e potenciar as actividades económicas: "Se hai cartos, a xente quedará no rural"

José González (Ourense, 1970) cumpriu o xoves 70 días coma conselleiro de Medio Rural. Un cargo que asumiu de xeito entusiasta. "Isto apaixóame", di este inspector de Facenda con fortes vencellos no Ribeiro -criouse entre cepas e os seus irmáns xestionan a adega Casal de Armán- e que se define coma "tremendamente práctico". Enrolouse na política, no barco de Feijóo, para as autonómicas de 2016, e agora, dous anos despois, tócalle repensar as liñas de actuación do goberno autonómico para un sector chave para Galicia e que os expertos sitúan nun momento de inflexión. Despois de que o presidente da Xunta definira esta lexislatura coma a do rural –mesmo fío condutor escollido por Manuel Baltar para o seu hipotético mandato 19-23–, González aplaude esa visión a medio-longo prazo e lanza unha meta: "Que ninguén quede sen montar un negocio no rural galego por non ter base territorial".

Os atrancos son múltiples pero con obvios eixos comúns: vacío do rural -300.000 hectáreas de terra útil menos en tres décadas pola desagrarización- e un réxime de propiedade diabólico. "Galicia é un puzle de 11 millóns de parcelas de rústica, Ourense ten 3.700.000, tantas coma Andalucía e case Extremadura xuntas", analiza o conselleiro, que avanza liñas de traballo: "Para loitar contra ese brutal abandono de terras é vital a mobilización. Estamos preparando unha lei de fomento da mobilidade de terra produtiva. Hai que buscar instrumentos que permitan activala, para que a traballe quen poida e queira". 

Como se consegue cambiar a mentalidade minifundista e que o entenda, por exemplo, a miña avóa no Ribeiro?

A xente maior case que está pedindo que se faga algo nas terras para ver como estaban antes. Que vaian pola estrada entre Ribadavia e Leiro e, mirando a esquerda a dereita, vexan terreo traballado, viñedo, horta, frutais, pavías en Beade. Isto é o que pretendemos. 

ma_2018_12_07_4020_resultMobilizar é clave. O Foro Económico Galego, do que é membro, sinalaba en 2017 a necesidade de priorizar inversión respecto a dereitos de propiedade. 

Si, con tranquilidade. A mobilización non conlevará a expropiación. 

Pero é que de moitas terras nin sequera se coñece o dono.

Pasa no tema da limpeza das franxas. Arredor dos núcleos de poboación pode chegar a un 60% as que teñen dono descoñecido. Como podemos limpar se non podemos entrar? Hai moito traballo. 

Semella clave o Banco de Terras, ideado por Suárez Canal e gardado nun caixón co cambio de goberno ata que o recuperou a súa antecesora. 

É unha das ferramentas que temos para a mobilización, neste caso de arrendamento. Pero imos máis alá. Os polígonos agroforestais, coa filosofía de ordear territorio e sempre atendendo á demanda de empresarios. Tamén prantexamos crear unha axencia pública que merque a terra para despois vendela. 

Sindicatos e empresas piden axilizar trámites. 

Témolo moi claro: o que se poida facer nun día que non sexa nun mes. Traballamos con profundidade. Galicia ten capacidade para ter unha producción agroalimentaria de máximo nivel, de máxima calidade. E a base é a rendibilidade, e que chegue a todos os elos da cadea.

Como agardan conseguir isto? 

Queremos recuperar o que tiñan os nosos avós, e o que foi unha economía de subsistencia voltalo un proxecto de futuro, con rendibilidade. Cando fagamos as mobilizacións non pode ser para dar a un rapaz 2.000 metros cuadrados. 

Moitos rapaces nin se prantexan o rural coma saída. 

Durante moitos anos escoitei os pais e avós dicir: “Estuda ou senon vas ir ás viñas”. Temos que acabar con esa mentalidade e transmitir á xuventude o orgullo de ser do rural, de estar no rural e de vivir do rural. Convencer á xente que nas viñas, nas explotación gandeiras dos pais, hai rendiblidade. Non podes pretender subvencionar á xente para que viva no rural, aí perdes a batalla. O que vai pasar é que se hai cartos, a xente vivirá no rural. 

Ao igual que pasa coa FP, aquí apreciáse unha descoordinación entre mercado, demanda e formación. Estudan liñas comúns con Educación?

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria recolle formación no agrogandeiro, e estamos coordinándonos con Educación e Traballo.

Viviu Galicia de costas ao rural?

Non é normal que sendo unha terra tan rica esté abandoada. O problema vén da estrutura da propiedade. Non é que non se queran facer cousas, e que é complicado. Necesitamos instrumentos. 

Instrumentos, e tamén mans. A sangría demográfica está aí.  

Temos que traballar para que a xente do rural teña servizos dun nivel similar ao que pode haber nas cidades. E logo temos que conseguir que haxa rendemento para que se queden, ou volten das cidades.  E así conseguirase que a xente queira estar no rural, e como consecuencia atacar o despoboamento. 

Como se reforzarán elementos tractores coma o viño, a leite...?

A nosa acción abarca a todos os produtos galegos: viño, leite, castaña, mel, queixos… apostar por defender a nosa producción, e dentro, as  DO e as ILPs. Queremos trasladar ao consumidor que o que come de Galicia é produto de máxima calidade, co obxectivo  de que pague máis, e ese valor engadido chegue ata o productor. É  a clave para recuperar con forza o rural galego. 

Como fructificará esta filosofía?

Temos que traballar con proxectos pilotos,e demostrarlle á cidadanía galega, e aos xóvenes, que no rural se pode vivir máis que dignamente. Antes de que acabe a lexislatura veránse estos proxectos.

Como serán?

No ámbito da mobilización, unha vez que se aprobe a nova lei, no primeiro semestre de 2019, farase proxectos pilotos de mobilidade de terras, implicando ao sector agrogandeiro para amosar ese rural de futuro que temos na cabeza e que queremos trasladar á terra.

Ourense é un laboratorio perfecto para estos experimentos.

Ourense vai ser parte importante para o futuro do rural. 

"Hai que anticiparse aos lumes"

ma_2018_12_07_4016_resultOs seus rivais no Parlamento recoñécenlle capacidade de diálogo e a búsqueda de consenso. Ferramentas das que José González confésase entusiasta: "Necesitamos, a todos os niveis, remar no mesmo sentido para defender e promocionar o noso". Unha fórmula que lle serve á DO Ribeiro -"son optimista, ten moitas oportunidades de futuro, pero necesita ese plan estratéxico para ver onde quere estar en 20 anos-" ou para definir a futura política forestal de Galicia.

"Son cousas que deberían estar ao marxe de partidismos", valora o ourensán, no remate dunha semana na que se constituíu o grupo de expertos que terá que propoñer melloras para o servizo de extinción de incendios antes da próxima campaña de alto risco –"e se hai algunha de especial urxencia, pedínlles que as trasladen canto antes para poder aplicales–. Este comité foi creado a instancias das conclusións da comisión parlamentaria de estudo da política forestal, e das que se desprenden un paquete de medidas no que o PP contou co apoio do PSdeG. "Máis de sesenta ponentes analizaron as dificultades do medio rural", destaca o conselleiro. 

Este ano pecharase cun drástico descenso de hectáreas ardidas. Canto lle atribuimos ao tempo e  canto á concienciación?

O balance fareino nuns días no Parlamento. Si é certo que as hectáreas ardidas reducíronse. Fago unha reflexión: o  do ano pasado foi moi grave, e tres cuartas partes foron lumes intencionados. Coma consecuencia houbo máis preocupación... isto ten influencia. Non sacarei peito, pero a clave é reforzar a prevención. 

Esixe un radical cambio de mentalidade. 

Para empezar, fixemos un cambio de estrutura da Consellería de Medio Rural. Aprobado o pasado mércores, as direccións xerais desdóbranse: Ordenación e Planificación, e Defensa do monte. Aí distinguiremos entre prevención e extinción. Teremos todo o ano a xente pensando nisto. Queremos que o servicio de extinción incida na prevención, e que sexa público –o reforzamos, incorporando a traballadores de empresas públicas ao servizo–, ben estruturado e áxil. 

E como se plasmará isto nos montes galegos. 

Cun planeamento estratéxico de como atacar os incendios, usar máis as quemas controladas, os desbroces das franxas de seguridade...

Os concellos están desbordados, faltánlle cartos e persoal para os desbroces.

É un traballo importante –Galicia ten 33.000 núcleos de poboación– e a Xunta reforzará a súa colaboración, con 7,5 millóns ao ano. Queremos colaborar con todas as administracións na prevención, anticipar o problema. Neste cambio de mentalidade, facemos unha aposta pola actividade gandeira, que é un cortalumes natural. A nosa aposta clara polo rural galego é impulsar a actividade agrogandeira rendible, con valor engadido. 

Os gandeiros reclaman máis apoios, máis cartos. 

A Xunta de Galicia está comprometida con eles. Pero temos que conseguir que a súa actividade sexa o máis rendible posible.

Que espera do plan forestal?

É a folla de ruta que marcará o que queremos que sexa o monte nos próximos 20 anos. Un documento moi debatido con todo o sector, con toda a sociedade civil. 

Os produtores piden axudas fiscais para reagrupar terras.

Neste proxecto de lei de mobilidade haberá incentivos fiscais, mecanismos que animen a tomar ese camiño. ma_2018_12_07_4024_result

E cal é o camiño do eucalipto? 

Nos queremos un monte multifuncional, vivo e dinámico. Hai que atopar o equilibro entre conservación e producción. Temos que conservar o monte, pero ten que producir. 

A Xunta persóase nun xuízo para defender que o eucalipto non é invasor...

Non apoiamos ningunha especie nin apoiamos o monocultivo. Persoámonos porque consideramos un erro declarar o eucalipto especie invasora. Diríache que en Galicia hai cortas por 8 millóns de metros cúbicos e o 60% son eucaliptos. Hai moita xente vivindo do eucalipto. Buscamos o equilibrio. 

A estrutura do monte é clave temén para os incendios.

Necesitamos un monte ordeado. Por eso apostamos pola estrutura. Traballar máis a ordenación: se está limpio e ordenado, arde menos, independentemente da especie. 

Todos apuntan á madeira como o ouro verde de Galicia.  

De 3 millóns de hectáres en Galicia, 2 son forestais. Entendemos o monte dun xeito multifuncional, ten que haber de todo. E dentro do forestal, especies produtivas e as nosas frondosas, que tamén terán que ser produtivas.  As separación de Medio Rural son precisamente para que o monte acade esa rendilidade: desenrolar, de xeito ordeado, un monte multifuncional, e vivo. 

Te puede interesar