Rodríguez-Vispo y Ferro toman posesión como deputados por Ourense no Parlamento galego

Cubren as vacantes rexistradas no hemiciclo

O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá, como punto preliminar, a toma de posesión de tres novos deputados, que cuben as vacantes rexistradas no hemiciclo como consecuencia de renuncias presentadas. Trátase de José Luis Ferro Iglesias e e Marta Rodríguez Vispo-Rodríguez, deputado/a do PPdeG por Ourense, e de Rubén Lorenzo Gómez deputado do PPdeG pola Coruña.

José Luis Ferro Iglesias naceu en Cartelle en 1970. É licenciado en Ciencias da Relixión pola Universidade de Navarra. Docente de Educación Primaria. Profesor de Formación vial. Foi concelleiro de Cultura do Concello de Celanova entre 2011 e 2012; neste último ano accedeu á alcaldía, cargo que exerceu ata 2019. Presidente local do PP de Celanova desde 2013 ata a actualidade. Foi vocal da Comisión de Cultura da FEMP de 2015 a 2019 e vocal na FEGAMP na mesma época.

Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez naceu en Ourense no 1961. É licenciadaen Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. Diplomada en Sanidade. Especialista en Xestión e Administración Sanitaria. Diploma Directivo da Xunta de Galicia. Funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi subdirectora do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) desde 2002 ata 2005. Concelleira no Concello de Ourense (2007-2011).Pertence ao Comité Executivo do PP de Ourense. Deputada no Parlamento de Galicia desde a VIII lexislatura. Na IX Lexislatura ocupou a vicepresidencia da Comisión de Sanidade, Política Social Emprego e na X foi presidenta da mesma Comisión e portavoz do GPP na área de Saúde Pública e Farmacia e na Comisión de estudo sobre Políticas de Discapacidade.

Te puede interesar