Rural

La "España vaciada" se reivindica como "viva, esencial, inconformista e brava"

WhatsApp Image 2019-10-04 at 14.19.42
photo_camera Manifestantes reunidos en Sarreaus como parte de la iniciativa "Yo paro por mi pueblo"
Sarreaus es uno de los municipios ourensanos que se suma a la iniciativa "Yo Paro por mi Pueblo"

"Volvemos xuntarnos de novo, non para unir a nosa voz airada e firme senón o noso silencio". Así comienza un poético manifiesto que los manifestantes reunidos en el Centro de Desenvolvemento Rural O Viso de Lodoselo (Sarreaus) han leído este viernes.

La acción reivindicativa formaba parta de la iniciativa "Yo paro por mi pueblo", un paro simbólico de cinco minutos que se ha llevado a cabo en 23 provincias de la llamada "España vaciada" para reclamar la firma de un Pacto de Estado por la repoblación y el equilibrio territorial. 

La despoblación es un hecho objetivo y manifiesto en gran parte de la provincia de Ourense, que vive un espejismo en verano y que con la llegada del otoño vuelve a experimentar la cruda realidad de un rural que se queda sin gente. Frente a esta realidad, los convocados en Sarreaus han leído el siguiente manifiesto.


Manifiesto:

WhatsApp Image 2019-10-04 at 14.19.42 (1)

"Hoxe, aquí, na praza do pobo ou ás portas do Concello ou ao pé mesmo do noso lugar de traballo, volvemos xuntarnos de novo, non para unir a nosa voz airada e firme senón o noso silencio, o silencio das galegas e galegos que, xunto ao silencio de miles de cidadáns en máis de vinte e tres provincias españolas, debe resoar como un eco sereno e claro no aire limpo de España.

Goberno de España, Goberno de Galicia, institucións públicas e axentes sociais da provincia de Ourense, escoitade o noso silencio que é portador dunha mensaxe cargada á vez de desazón e de esperanza: Queremos un verdadeiro Pacto de Estado contra o despoboamento, contra a desvertebración territorial de España e contra a crecente desigualdade de oportunidades entre cidadáns españois! O momento das boas intencións, das promesas inútiles, das accións que só viven no papel quedou definitivamente atrás. Agora correspóndelle ao Goberno de España e aos Gobernos Autonómicos deseñar e desenvolver unha verdadeira estratexia a favor da España Baleirada con actuacións ben definidas, con orzamentos suficientes e prazos ben marcados e a salvo dos vaivéns políticos de carácter partidista.

Paramos para non parar. Calamos para que se nos oia mellor. Facemos nosas as palabras do poeta Antonio Machado: nós somos a voz da España da rabia e da idea. Somos a rabia serena dunha España baleirada, que se desangra ante o esquecemento e a indiferenza dos que debesen ser os seus principais valedores. Pero somos tamén a idea dunha España viva, esencial, de alma inconformista e brava que, farta de promesas incumpridas, pide a palabra e quere ser escoitada. Somos a aciñeira que abriga o abatido páramo, o carballo que non retrocede, o chopo que verdea as amables ribeiras, o piñeiral interminable que non maldí do silencio, somos, amigo Antonio, como o teu vello olmo crebado polo raio que ve renacer a esperanza dunha póla verdecida.

VIVA A REVOLTA DA ESPAÑA BALEIRADA"



La Diputación se une a la reivindicación

Junto a las concentraciones en los diferentes pueblos ourensanos, el presidente de la Diputación, Manuel Baltar, también secundó el paro de 5 minutos junto a miembros de su equipo y trabajadores del ente provincial. Baltar considera que el reto demográfico “é un tema fundamental e prioritario”, y defiende: “Non debe ser motivo de enfrontamento entre partidos senón un obxectivo común de país”.

Te puede interesar