área metropolitana

Lavado de cara á praza de San Xoán de Sobrado do Bispo

<p></p>
photo_camera Novo pavimento aplicado na contorna da capela de San Xoán.

O Concello de Barbadás acomete as obras para darlle unha estética nova conforme a Patrimonio

A praza da capela de San Xoán de Sobrado do Bispo está a recibir un lavado de cara, logo de ser adxudicada a súa obra de acondicionamento por máis de 54.000 euros. O obxectivo é facela máis accesible e segura para os peóns, así como o embelecemento da mesma.

O Concello de Barbadás acomete unha nova estética da praza, con mestura de pavimentos para adaptala ás directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio. A intervención abarca toda a contorna da capela.


Novo pavimento


As obras contemplan a colocación de pavimento de pedra do país na zona central da praza –entre a capela e o placo da música– , mentres que no espazo libre entre o pavimento de pedra e os viais aplícase formigón con árido lavado combinado con adoquíns de formigón envellecido.

Dentro destas obras, tamén se instalarán novas luminarias e se actuará no palco da música, que se cubrirá cunha estrutura de aceiro corten. Sobre a capela non se contempla ningunha intervención directa. En canto ao arborado, respéctanse as acacias existentes e achegaranse novos exemplarees. Tamén se ubicarán na praza ns bancos de pedra. A obra, que foi adxudicada o pasado mes de maio, xa está bastante avanzada. 

Te puede interesar