ENTREVISTA

Ledicia Piñeiro: "O PP e o PSOE teñen a culpa da situación na que se atopa Ourense"

mtp2320
photo_camera Ledicia Piñeiro (i.) estivo onte nun mitin de En Común Podemos en Ourense, ao que asistiron o asesor da formación Juan Carlos Monedero e Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino, cabezas de lista por Pontevedra e A Coruña. (FOTO: MARTIÑO PINAL)

Ledicia Piñeiro encabeza a lista provincial da formación de Pablo Iglesias para o Congreso dos Deputados

Ledicia Piñeiro deixou atrás a súa etapa como concelleira en Ourense e as siglas de Ourense En Común. Agora é a cara visible do proxecto de En Común Podemos en Ourense.

Trasladar de forma clara as súas propostas e distinguirse nun espectro de siglas de esquerda cada vez máis amplio, son dous dos obxectivos que a ourensana en concreto e o partido en xeral teñen de cara a recta final da campaña electoral.

Enfilan a recta final dunha campaña intensa. Que percibe da xente despois de tantos quilómetros?

Estamos moi ilusionados. Todo o que recibimos nesta campaña é ánimo e folgos da xente que ven os actos, coa que falamos. Percibimos que hai necesidade de tranquilidade no futuro. A xente contanos os seus problemas concretos e intentamos abordalas. O que pide a xente é salarios dignos, que as pensións estén garantidas... Iso é o que nos chega. Que os ourensáns queren quedar aquí a vivir, evitar esa crisis demográfica que estamos a vivir.

Deixou a política municipal para embarcase nunha nova etapa...

Non diría que é unha nova etapa. Non deixei nunca de militar en política. Sempre estiven activa, dende os 16 anos. Agora son una ferramenta distinta, un elemento para conseguir un posto institucional. Pero nós traballamos igual nas institucións e fora de elas. É importante que Ourense taña unha deputada con principios sociais e unha vocación de comunidade. Para nós é clave porque a situación de Ourense neste momento, de despoboamento, ten culpables. Son o PP e o PSOE, que deixaron abandonado o mundo rural e a poboación xoven.

E cales son os problemas que Ourense necesita solucionar de xeito inmediato?

Fundamentalmente temos que atallar a sangría demográfica que estamos a sufrir en Ourense. Por un lado temos que asegurar que os xóvenes planifiquen aquí o seu futuro. Para iso, hai que modificar as políticas de emprego e poner no centro os contratos indefinidos para eliminar a precariedade. Despois, uns salarios dignos. Na última lexislatura, o noso grupo logrou un salario mínimo de 900 euros. Pero non queremos quedar ahí. Hai que chegar ata os 1.200 euros, como establece a Carta Social Europea. Rebeixar a xornada laboral a 34 horas semanais axudaría á conciliación. E asegurar que temos un Estado forte con servicios que brinden esa protección cando o necesitemos.

Coas previsións na man, fálase de pactos posteriores no seu partido?

Esta claro que o Parlamento que nos agarda dista moito da cámara bipartidista doutras etapas, coa forza de PP e PSOE. Creo que iso é saúde democrática, que se obrigue a falar ás persoas que estamos no Parlamento. É positivo. Nós pensamos que canta máis forza tengamos será mellor, porque levamos un programa dirixido ás necesidades das personas. Pero tamén sabemos falar e chegar a acordos.

Cal vai ser a súa derradeira mensaxe de campaña?

Para o que resta de campaña queremos que as nosas propostas, que son reais e están baseadas en datos, cheguen a todo o mundo na provincia de Ourense. A cantas máis persoas mellor. E quitar de enriba ese sentemento de imposibilidade ao que nos condenan os populares e os socialistas. Todas as nosas propostas son posibles, pódense facer.

Te puede interesar