ENTREVISTA

Ledicia Sola: “Rodar en Ourense é un luxo por descubrir; eu tiven que marchar"

A actriz Ledicia Sola (Ourense, 1978) da o pregón das festas de Ourense ás 22,00 horas na praza Maior

A cidade na que medrou e da que tivo que emigrar para ser actriz. Cando volve á casa, Auria significa sempre estar coa familia e cos amigos. "Para min é unha gran responsabilidade dar o pregón, porque sempre é un acontecemento dunha localidade e neste caso é Ourense. Sempre que xogo na casa, sinto unha responsabilidade mellor. Quéroo facer mellor para os da casa", di.

Xa ten engache para o discurso?

Aínda non o teño articulado de todo, pero vai a ser persoal.

Recorda algunha festa do Corpus en especial?

Teño recordo de adolescente, cando eran as primeiras veces que che deixaban saír. Os primeiros momentos de liberdade. Tamén as asocio sempre co comenzo do verán.

O alcalde quere cambialas para novembro.

Pois non, non o sabía....

Cal é o seu rincón de Ourense?

Sempre me gustou a beira do río, a Ponte Romana...Como estudei no Otero Pedrayo, tiro para o Xardín do Posío. Marchei e teño Ourense relacionado co ocio, con estar coa familia e cos amigos.

Ourense está converténdose en plató de cine. Que opina?

Ourense e a provincia teñen localizacións fantásticas para series e películas. A costa é máis coñecida, pero o interior está por descubrir. Ourense ten potencial con moitos escenarios naturais. Rodar en Ourense é un luxo. Cando quería ser actriz, tiven que marchar. Agora xa non é todo en Madrid. Os platós expándense.

En que proxectos está?

Volcada no meu monólogo ao 100%. Estou preparando un programa para a TVG e pendente de estrea a segunda tempada de "Vivir sin permiso". 

Te puede interesar