Formación

As leiras ecolóxicas, aposta de Adercou para o rural

Participantes no primeiro seminario, a pasada fin de semana.
photo_camera Participantes no primeiro seminario, a pasada fin de semana.
O enxeñeiro agrónomo especialista en asesoramento e formación na agricultura ecolóxica Áxel Torrejón é quen imparte estes seminarios

O grupo de desenvolvemento rural GDR 11 Adercou, que agrupa os municipios da comarca de Ourense, reuniu 40 persoas –de moi diferentes procedencias, desde Pontedeume a Vigo, pasando por Pontedeume, Silleda, Xinzo ou  Ourense– na primeira sesión do seminario para manexar leiras ecolóxicas.

O enxeñeiro agrónomo especialista en asesoramento e formación na agricultura ecolóxica Áxel Torrejón é quen imparte estes seminarios, que dan  formación sobre unha alimentación e produción encamiñada a tratamentos ecolóxicos, para "ter un produto máis sano e mellor para a saúde e o medioambiente", dixo Manuel Seoane, presidente de Adercou.

O docente deu a coñecer a importancia do manexo do solo e a forma inicial que ten este manexo en axudar e controlar certos desordes e deficiencias de nutrientes, plagas e enfermidades, na  primeira sesión. A iniciativa, subvencionada por Adercou a través do programa Leader,  continuará a finais de marzo cun seminario para plagas e enfermidades, deixando para xuño e agosto dous días de traballos de campo. 

Te puede interesar