TEMPORAL NEVE

Levántase a alerta amarela en Ourense, pero volverá esta fin de semana

OURENSE 3/2/2018, La nieve vuelve a las montañas de Ourense, O Rodicio, foto Gonzalo Belay
photo_camera Desde este xoves, as nevadas deixaron estampas coma esta, no Alto do Rodicio.

A pesar de que a situación meteorolóxica espérase practicamente normalizada o resto da xornada, Meteogalicia espera unha nova alerta por neve a partir das 12.00 horas deste sábado

O temporal de neve que afecta este venres ás provincias de Lugo e Ourense, obrigando a cortar decenas de estradas de alta montaña e a restrinxir a circulación en diversas vías, remitiu progresivamente en intensidade e permitiu levantar a situación de alerta amarela.

Así o comunicaron fontes de Meteogalicia,  que sinalaron que a provincia de Lugo continúa sendo a máis afectada pola neve, aínda que a tónica xeral en Galicia é de alternancia de nubes e claros con algún chuvasco localizado.

Doutra banda, a AEMET activou avisos por fenómenos costeiros en boa parte do litoral, de modo que o risco importante afectará á Coruña, Lugo, Asturias, Gerona e Menorca. Así mesmo, terán aviso amarelo en Pontevedra, Cantabria, Vizkaya, Guipúzcoa, Gerona, Tarragona, Ibiza, Formentera, Mallorca, Castellón, Alicante, Almería, Granada e Melilla.

A AEMET prognosticou que o ceo estará nubrado ou cuberto con precipitacións en Galicia, área Cantábrica e Pireneos, e poderían ser localmente fortes ou persistentes no litoral Cantábrico central e oriental, sen descartar tormentas e saraiba ocasionais.

Temporal esta fin de semana

A pesar de que a situación meteorolóxica espérase practicamente normalizada o resto da xornada, Meteogalicia espera unha nova alerta por neve a partir das 12.00 horas deste sábado, con acumulacións superiores aos cinco centímetros nas zonas de montaña de Lugo e Ourense.

O temporal empeorará na xornada do domingo, con aviso laranxa por mar de fondo na costa coruñesa e de Lugo con ondas de cinco e seis metros de altura. A incidencia espérase a partir as 6.00 horas e comezará a remitir durante a tarde, ás 18.00 horas.

A alerta será amarela no litoral de Pontevedra, con ondas de 4 a cinco metros, e nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, onde se esperan acumulacións superiores por encima do cinco centímetros debido ás nevadas.

Te puede interesar